Os socialistas instan a Xunta a restablecer a universalidade da cobertura do Sistema Nacional de Saúde.

Os socialistas instan a Xunta a restablecer a universalidade da cobertura do Sistema Nacional de Saúde.

Os socialistas instan a Xunta a restablecer a universalidade da cobertura do Sistema Nacional de Saúde.

Carmen Acuña presenta unha proposición non de lei para recuperar “o dereito fundamental a recibir atención sanitaria”, que é rexeitada polo PPdeG

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, presentou hoxe na Comisión de Sanidade, unha Proposición non de Lei para restablecer a universalización do dereito á asistencia sanitaria pública e a recuperación do Sistema público de sanidade, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista sinala que debemos “recuperar o dereito máis fundamental: o dereito a recibir atención sanitaria”, e engadiu: “pedímoslle o Partido Popular que se deixe de estratexias e xa que se autodenomina “social” que derrogue o real decreto. Reclamou asegurar a cobertura sanitaria universal e “que se nos devolva un dereito que se nos quitou con trampas e con medos”.

Explicou que a través do Real decreto – lei de Saúde Pública 16/2012, aprobado polo PP, derrogou a asistencia universal sanitaria de calidade, deixando sen cobertura a todos aqueles que non sexan asegurados .

Acuña sinalou que Feijoo “fixo unha nefasta xestión do sistema sanitario, xustificándoo coa situación de crise” e consagrando a figura do “asegurado” como suxeito do dereito a protección da saúde cambiando un dereito por un “servizo”. Ademais, engadiu, “nunca se nos dixo que aforro supoñía quitar esa universalidade nin a onde se destinaron finalmente eses aforros, asi que non se puido acreditar aforro algún para o sistema sanitario”.

Advertiu que o goberno do PP deixou sen cobertura sanitaria aos descendentes de asegurados maiores de 26 anos, cuxos ingresos superasen un determinado límite “que a norma non precisa”.

Ademais, expulsan do sistema aos estranxeiros sen permiso de residencia, vulnerando o principio constitucional de dignidade da persoa. Lembrou que os profesionais sanitarios aseguran que a pesares de carecer de cifras oficiais, só atenden a 1.400 persoas das entre 9.000 e 11000 que se atopan nesta situación en Galicia.

Ademais, estes estranxeiros están obrigados a incluír, dende o próximo ano, unha declaración da renda da súa familia no seu lugar de orixe, condición necesaria para poder acceder no futuro a prestacion sanitaria segun recolle a partir de agora o programa galego .

Os maiores de 65 anos tamén perden o dereito a asistencia sanitaria cando en anos anteriores traballaron fóra do país e a todas aquelas persoas que saen de España por tempo superior a noventa días, incluso para buscar traballo ou formación. Advertiu que a OMS esixe un programa de vixilancia para determinados pacientes como os enfermos por tuberculose; en Galicia non se están a levar a cabo estes programas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar