Os socialistas instan á Xunta a desenvolver políticas que garantan a calidade de vida e o benestar das familias

Os socialistas instan á Xunta a desenvolver políticas que garantan a calidade de vida e o benestar das familias

Os socialistas instan á Xunta a desenvolver políticas que garantan a calidade de vida e o benestar das familias

Carmen Gallego presenta unha moción para garantir o recoñecemento da diversidade afectivo-sexual, a priorización das familias con menos ingresos nas axudas da Xunta

A deputada socialista reclama garantías para a universalidade e gratuidade da Sanidade e da Educación e esixe eliminar o incremento dos repagos para as persoas usuarias dos Servizos Sociais implantados nos últimos 4 anos

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, ven de presentar unha moción pola que se insta á Xunta a desenvolver unha política de familia que garanta a súa calidade de vida e o benestar, a través, entre outras, de medidas como o recoñecemento explícito en cada unha das normas adoptadas polo goberno galego da diversidade de familias hoxe existentes, particularmente tendo en conta a realidade da diversidade afectivo - sexual.

Gallego esixe tamén a priorización absoluta en termos de bonificacións e medidas fiscais beneficiosas para as familias, das unidades familiares que menos ingresos perciban per cápita. A referencia de calquera tipo de axuda pública deberá ser sempre a do SMI.

A moción socialista pretende garantir a igualdade no acceso á educación pública e de calidade de toda a cidadanía, independentemente dos seus ingresos, reestablecendo para elo a gratuidade dos libros de texto e comedores escolares e o acceso as becas e bolsas de estudo. Tamén require da Xunta a garantía sobre a universalidade e o abandono das medidas de repago na Sanidade.

Gallego traza o obxectivo de acadar a ratio da Unión Europea, na Planificación de Políticas cara ás familias, da Rede de Escolas Infantís Públicas e das prazas públicas para persoas con discapacidade e para as persoas co recoñecemento da Lei de Autonomía Persoal.

Esixe tamén eliminar o incremento dos repagos para as persoas usuarias dos Servizos Sociais implantados nos últimos 4 anos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar