Os socialistas instan á Xunta a cumprir co Pacto Galego pola Infancia e advirten que os recortes de Feijoó “van directamente en contra do acordo”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, insta ao goberno galego a cumprir cos acordos acadados no Pacto Galego pola Infancia, asinado polos grupos parlamentarios o 4 de abril de 2011.

A responsable socialista advertiu que a política de recortes do presidente da Xunta “directamente en contra do acordo” xa que “afectan en grande medida aos nenos e nenas”. Gallego lembra que o acordo foi asinado tamén polo PPdeG, que se comprometeu a poñer en marcha o II Plan Estratéxico Galego de Infancia e Adolescencia 2011 – 2014 e promover medidas dende o goberno galego.

A parlamentaria socialista dixo que por mor das políticas de recorte drástico das políticas sociais e de desmantelamento do Estado do Benestar, encabezadas en Galicia por Núñez Feijóo, “dende a sinatura do Pacto temos moitos mais nenos e nenas en risco de exclusión social e de pobreza”.

Lembra que o Plan debera ser o “instrumento fundamental para garantir que os menores galegos gocen de todos os dereitos e liberdades que teñen recoñecidos pola Constitución, a Convención dos Dereito do Neno e demais acordos internacionais ratificados por España, así como polo resto do ordenamento xurídico, para o avance nos sistemas de prevención e proetcción da infancia galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar