Os socialistas instan á Xunta a asumir o financiamento de fármacos para deshabituación do tabaquismo

Os socialistas instan á Xunta a asumir o financiamento de fármacos para deshabituación do tabaquismo

Os socialistas instan á Xunta a asumir o financiamento de fármacos para deshabituación do tabaquismo

A parlamentaria socialista Carmen Acuña presentou unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta a asumir o financiamento público dos fármacos empregados para a deshabituación tabáquica. Acuña reclama ao Executivo que se sume ao esforzo que supoñen os cambios na Lei fronte ao tabaquismo facilitando aos pacientes o financiamento destes medicamentos.

Nesta iniciativa parlamentaria, propón que o Sergas “estableza e xeneralice” en toda a súa rede os programas de deshabituación tabáquica, asegurando a atención e o seguimento dos pacientes que o soliciten”. Así mesmo, insta á Xunta a “exercer as súas funcións de control e inspección do cumprimento da Lei fronte ao tabaquismo”.

A parlamentaria socialista reclama á Xunta que exerza as súas competencias para garantir o cumprimento desta Lei “en beneficio da protección da saúde dos cidadáns”. Tamén reclama ao Executivo autonómico que desenvolva “unha campaña informativa sobre os dereitos dos cidadáns á protección da saúde no que á prevención do tabaquismo se refire”.

Acuña lembra que o tabaquismo provoca un gasto sanitario de 17.000 millóns de euros en toda España, polo que considera que a Xunta debe “establecer e xeneralizar en toda a rede do Sergas os programas de deshabituación tabáquica”. Ademais, propón que asuma “o financiamento público dos fármacos utilizados na deshabituación tabáquica de eficacia probada” para os pacientes que o precisen.

A responsable socialista considera “necesarios” os cambios nesta Lei, vixente dende 2005, que entraron en vigor o pasado 2 de xaneiro, co obxectivo de afondar na formación pedagóxica de prevención do tabaquismo, protexer aos non fumadores, aos menores, mulleres embarazadas e traballadores da hostalería, unificar a normativa e estender a prohibición de fumar a tódolos espazos pechados de uso público sen excepcións.

Carmen Acuña lembra as “desigualdades” no cumprimento da anterior Lei antitabaco de 2005, que a pesares dun incremento paulatino, en 2010 o 30 por cento dos locais da provincia de Ourense aínda incumprían a Lei. Lembra a importancia das medidas previstas orixinalmente, que reduciron os infartos de miocardio hospitalizados nun 11 por cento en homes e un 9 por cento en mulleres.

Os datos da Lei de 2005 revelan que nos seus dous primeiros anos de vixencia, máis de un millón de persoas deixaron de fumar en España –unha redución do 8 por cento-, as ventas de tabaco reducíronse nun 2,8 por cento, e os cigarros vendidos por habitante diminuíron nun 9,3 por cento.

Ademais, sinala que os niveis de nicotina ambiental caeron nun 83 por cento nos centros de traballo e un 53 por cento en bares e restaurantes, e a exposición da poboación ao aire contaminado por fume de tabaco baixou en definitiva nun 30 por cento

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar