Os socialistas instan a Feijóo a demostrar a aposta pola pluralidade facilitando a presenza dos catro grupos parlamentarios na Mesa do Parlamento

Os socialistas instan a Feijóo a demostrar a aposta pola pluralidade facilitando a presenza dos catro grupos parlamentarios na Mesa do Parlamento

Os socialistas instan a Feijóo a demostrar a aposta pola pluralidade facilitando a presenza dos catro grupos parlamentarios na Mesa do Parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, instou hoxe a Feijóo a demostrar a súa aposta pola pluralidade e a man tendida á oposición facilitando a presenza na Mesa do Parlamento dos catro grupos con representación. Advertiu que de non ser así “demostrará que o seu discurso “de man tendida” é falaz e que quere aplicar o rodillo da maioría absoluta”.

O responsable socialista amosou o pleno apoio deste grupo parlamentario a que tódolos partidos estean representados no órgano de dirección da Cámara, e advertiu que “non temos ningún pacto con ningún grupo político para botar a ninguén da Mesa do Parlamento”. Desmentiu así as informacións publicadas nos últimos días nas que apuntaban a un acordo entre PP e PSdeG sobre a configuración da Mesa.

Losada lembrou que nas cinco lexislaturas nas que houbo en Galicia 3 grupos parlamentarios estes estiveron representados na Mesa do Parlamento, en catro ocasións o un posto foi cedido polos socialistas ao BNG e noutra delas pola cesión do BNG ao PSdeG-PSOE.

Así mesmo, lembrou que nas dúas lexislaturas nas que houbo mais de 3 grupos, os socialistas ocuparon os 2 postos que lles corresponden, mesmo cando na segunda lexislatura Coalición Galega acadou 11 deputados dun total de 71.

Pemex

Losada instou tamén ao presidente da Xunta en funcións a explicar no debate de investidura a verdade sobre o acordo con Pemex para a construción de dous floteles en Navantia e Barreras. Así o dixo logo de que a pasada semana se coñecera que actualmente hai catro propostas diferentes para este concurso, entre as que se atopa a dos estaleiros galegos “como unha mais”.

O responsable socialista reclamoulle a Feijóo que explique si existen garantías para que os estaleiros galegos resulten finalmente adxudicatarios deste acordo, xa que “o que Pemex presenta como unha licitación aberta a grupos de empresas sería outra cousa”.

Avogou por que a renovación dos buques da petroleira mexicana se realice en Galicia, mais puntualizou que “estamos absolutamente en contra da manipulación e utilización partidaria de noticias” que “prexudica” as opcións dos estaleiros galegos neste concurso.

Losada Lembrou que os propios directivos da filial de Pemex, Pemex Exploración e Produción –PEP- explicaron en setembro que as ofertas poden vir “de Noruega, de Galicia ou de Corea”. Sinalou que tanto aquela información como a coñecida hoxe desmenten a posición da Xunta, que presentou este acordo privado como unha licitación pechada a favor de Galicia.

Folga

O portavoz do Grupo Socialista anunciou que os parlamentarios do PSdeG veñen de solicitar o desconto do salario correspondente ao día de mañá para exemplificar o día de folga malia que actualmente non haxa actividade parlamentaria. Ademais, confirmou a asistencia dos cargos socialistas ás manifestacións e o apoio a unha folga contra a política laboral do PP, que cualificou de “suicidio” e “fuxida a ningunha parte”.

Losada advertiu que o obxectivo da reforma laboral de Feijóo e Rajoy é “acadar un emprego mais barato e precario” para consolidar un “cambio no modelo produtivo” dirixido a “competir vía salarios en lugar de competir pola produtividade e a calidade”. Subliñou que os socialistas “queremos subliñar o noso apoio inequívoco aos servizos públicos e de calidade”.

Sinalou que a política radical de recortes e déficit cero provoca “mais recesión, mais paro, mais déficit e mais débeda”, o que á súa vez aboca a novos recortes. Advertiu que “agás Feijóo, todos están a caer do cabalo do déficit cero”, logo de que De Guindos advertira onte da necesidade de combinar recortes con políticas de crecemento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar