Os socialistas instan á Xunta a modificar a regulación das vivendas de uso turístico para incluír a regulación do aluguer por habitacións

O deputado socialista José Manuel Pérez Seco presentou esta mañá na Comisión de Turismo unha pregunta oral para cuestionar varios puntos do decreto que regula o uso de vivendas de uso turístico en Galicia, aprobado unilateralmente polos populares o pasado mes de xaneiro.

Na súa intervención Pérez Seco instou ó Goberno galego a modificar o decreto para incluír a regulación do aluguer por habitacións “porque así o piden o sector e os usuarios”, e solicitou unha ampliación do prazo de entrada en vigor do mesmo “para posibilitar que todas as persoas podan recabar e cumprir os requisitos”.

Así mesmo, solicitou “un diálogo construtivo con concellos e asociacións do sector”, defendendo que “son clave na posta en marcha do decreto”, e pediu ó goberno galego que aclare os criterios do seu artigo 35, criticando a existencia de “contradicións” nos seus puntos.

Os socialistas defenden que “a oferta de vivenda de uso ten un importante papel, polo que debe estar rexida por unha normativa clara e fácil de cumprir”.

“Este é un tema de moito calado que vai máis aló de visibilizar unhas vivendas turísticas e que move a economía local” sinalou Pérez Seco.

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar