Os socialistas inclorporan sancións de ata 30.000 euros por maltrato animal na nova Lei de Protección de Animais Domésticos

Os socialistas inclorporan sancións de ata 30.000 euros por maltrato animal na nova Lei de Protección de Animais Domésticos

Os socialistas inclorporan sancións de ata 30.000 euros por maltrato animal na nova Lei de Protección de Animais Domésticos

Patricia Vilán apunta que o dano innecesario aos animais, mesmo en celebracións populares, é “inasumible nunha sociedade moderna e civilizada”.

A Lei de Protección dos Animais Domésticos foi aprobada no Parlamento incluíndo dúas emendas socialistas para actualizar as sancións por maltrato, que oscilan entre os 100 euros as mais leves e os 30.000 das moi graves. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, apoiou este texto pola necesidade de actualizar a lexislación de protección de animais domésticos.

Os socialistas galegos presentaron dúas emendas, finalmente aceptadas, para adecuar das sancións á evolución do IPC, determinando tres categorías, as leves –de 100 a 500 euros-, graves –entre 501 e 5.000 euros- e as moi graves –de 5.001 a 30.000 euros-, deixando nas mans da Xunta a responsabilidade de adecuar as contías aos datos do IPC.

A deputada socialista puntualizou que a produción dun “dano innecesario aos animais, mesmo cando se produce en celebracións populares de forte arraigo histórico”, constitúe un feito “inasumible nunha sociedade moderna e civilizada”.

Explicou que así o determina tamén o Código Penal, que foi modificado no ano 2010 por parte do goberno socialista presidido por Zapatero para castigar o maltrato animal como un delito, podendo chegar a supor pena de prisión para os condenados.

Os socialistas galegos apoiaron este texto por canto actualiza a anterior Lei de 1993, polo que Vilán apuntou que “os dereitos do animais teñen evolucionado, e 21 anos despois, a Lei de Protección de animais domésticos non pode deixar de evolucionar, debe ser modernizada e actualizada”.

A deputada socialista sinala que esta normativa constitúe un paso mais no sentido da reforma do Código Penal e actualiza a normativa autonómica de 1993, elaborada para a protección dos animais que viven en catividade, baixo a posesión ou protección do ser humán.

Emendas

Vilán presentou tamén outras dúas emendas ao texto, rexeitadas polo PP, para reclamarlle á Xunta a posta en marcha de campañas e iniciativas de sensibilización anuais. Os socialistas demandaban que estas foran elaboradas xunto coas protectoras, asociacións colaboradoras e o Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, e que contaran con partidas específicas nos orzamentos da Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar