Os socialistas garanten “traballo e compromiso” para que a voz dos galegos “soe con máis forza” na Unión Europea

Os socialistas garanten “traballo e compromiso” para que a voz dos galegos “soe con máis forza” na Unión Europea

Os socialistas garanten “traballo e compromiso” para que a voz dos galegos “soe con máis forza” na Unión Europea

Besteiro e José Blanco anuncian unha campaña para as eleccións europeas “en positivo, preto dos cidadáns e centrada en Galicia e nas súas necesidades”

“Defenderemos as inversións na autonomía e, en xeral, os socialistas loitaremos polo emprego e a igualdade, deixando atrás a austeridade sen sentido decretada pola maioría conservadora”, afirman

Os socialistas comprometéronse hoxe a traballar na Unión Europea en defensa dos intereses de Galicia, garantindo “traballo e compromiso para que a voz dos galegos soe máis alto e con máis forza” en Bruxelas.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o candidato por Galicia dos socialistas nas eleccións europeas, José Blanco, presentaron hoxe en Santiago as liñas de traballo das próximas semanas. “Faremos unha campaña en positivo, preto dos cidadáns e centrada en Galicia e nas súas necesidades”, afirmou Blanco.

Besteiro lembrou a importancia da “clave territorial” nos comicios do 25 de maio. “Nos próximos días presentaremos as aportacións de Galicia ao programa socialista, deixando claro que as políticas de cohesión, agraria e pesqueira, as inversións intelixentes en infraestruturas e o naval son piares básicos para nós e así o defenderemos na Unión Europea”, apuntou o líder dos socialistas.

“A presenza de José Blanco na candidatura é moi importante para Galicia, e temos ademais unha candidatura forte, renovada e que saíu adiante o sábado en Madrid co 98% dos votos e o respaldo de todos os territorios”, manifestou Besteiro.

Esquerda e dereita
“Europa, España e Galicia deben elixir entre a esquerda do emprego e a defensa dos dereitos sociais ou a dereita da austeridade e os recortes ao ditado dos mercados”, sostivo Blanco. “O noso compromiso é triplicar os fondos para Emprego Xuvenil, apostar pola industria fronte ás finanzas e loitar contra o fraude e a evasión fiscal”, dixo o número 10 da candidatura socialista.

Besteiro e Blanco lembraron que Europa toma cada día decisións trascendentais para sectores estratéxicos de Galicia, como o naval, a automoción, a pesca e o mar. “Por iso é tan trascendente que a cidadanía vote o 25 de maio, porque unha nova maioría pode cambiar o enfoque e as prioridades das leis básicas que desde a UE determinan a nosa economía e o noso benestar”, engadiu Blanco.

Os socialistas defenderán no seu programa unha Europa que poña o acento no social, que priorice a política sobre o mercado, que prime os mecanismos e controis democráticos e que complete a unión económica e fiscal. “Escoitaremos nas próximas semanas todas as necesidades dos galegos e levaremos a súa voz a Europa, para facer valer os nosos intereses”, remataron Blanco e Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar