Os socialistas garanten o pacto de Estado contra a violencia machista como unha das primeiras medidas do seu goberno

Os socialistas garanten o pacto de Estado contra a violencia machista como unha das primeiras medidas do seu goberno

Os socialistas garanten o pacto de Estado contra a violencia machista como unha das primeiras medidas do seu goberno

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta mañá na Praza Roxa de Compostela nun acto polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero xunto cos e as cabezas de lista do partido ao Congreso e o Senado, onde cualificou a violencia machista como “unha cuestión de Estado” que precisa por tanto dun “pacto de Estado” que Pedro Sánchez se ten comprometido a impulsar como unha das primeiras decisións do seu Consello de Ministros se chega ao goberno tras o 20 de decembro.

“Os e as socialistas estamos fortemente comprometidos contra a violencia de xénero; cando hai máis dun ano falabamos desta lacra como unha cuestión de Estado algúns non lle daban a trascendencia que ten”, lembrou, e reivindicou que “erradicar de forma clara a violencia de xénero require tamén compromisos orzamentarios”, que nos últimos catro anos en España e sete en Galicia “desapareceron ou minguaron nunha cantidade inadmisible”.

“É unha das novas causas para as que chamamos ao compromiso de toda a cidadanía porque os feitos están aí, desde hai 15 anos morreron máis de mil mulleres vítimas desta violencia de xénero, no que vai de ano 48 mulleres en toda España e seis en Galicia”, destacou Besteiro, que incidiu en que “hai formas distintas de facer política” e os socialistas inclúen esta loita “nos compromisos que nos inspiran durante tantísimos anos desde a transición política, os acordos polas liberdades, o benestar social, ou a victoria contra o terrorismo”, que “teñen o selo e o cuño do partido socialista”.

“As grandes causas de Estado requiren orzamentos e compromiso de todos os partidos políticos, e o PSOE non vai renunciar a loitar por esta causa que une a tantísimas persoas e que queremos que sume a todos, a homes e mulleres, a vellos e a novos”, afirmou Gómez Besteiro. Posteriormente, a secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, que lembrou todos os pasos dados polos socialistas neste ámbito, e a vicesecretaria de Xuventudes Socialistas, Laura Requejo, que incidiu na lacra que viven as mulleres mozas e a presenza da violencia a través de canles como as redes sociais, deron paso ao manifesto do partido, que leron a número 1 ao Congreso pola Coruña, Pilar Cancela, o número 1 ao Senado por Lugo, Ricvardo Varela, o número 1 ao Senado por Pontevedra, Abel Losada, e a número 1 ao Congreso por Ourense, Rocío de Frutos, despois do reparto de lazos violetas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar