Os socialistas galegos rexeitan a proposta do PP de "desmantelar o Parlamento" comezando pola redución de deputados

Os socialistas galegos rexeitan a proposta do PP de "desmantelar o Parlamento" comezando pola redución de deputados

Os socialistas galegos rexeitan a proposta do PP de "desmantelar o Parlamento" comezando pola redución de deputados

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, rexeitou a iniciativa do PP de “desmantelar o Parlamento” reducindo o número de deputados. Na súa intervención nos Almorzos On/Off organizados polo Colexio de Xornalistas, dixo que “hai que cambiar a paixón da dereita de pechar o Parlamento por unha paixón por abrilo, para que os galegos e galegas vexan que nel se decide o seu futuro”.

O responsable socialista respondeu á ofensiva do PP sinalando que “un problema da democracia non se arranxa con menos democracia, arránxase con mais democracia” e sinalou que “dirémoslle a Feijóo que o primeiro que ten que facer no Parlamento é dicir a verdade, algo que incumpre sistematicamente”.

O líder socialista advertiu que os socialistas galegos asistirán á xuntanza convocada polo PP no Parlamento de Galicia “para dicirlle rotundamente que non apostamos para nada por desmantelar o que milleiros de galegos e galegas soñaron e polo que loitaron durante os últimos 60 anos: ter un Parlamento democrático”.

Anunciou que os socialistas galegos centrarán os seus esforzos en “dar unha alternativa para que o Parlamento galego se modernice, para que sexa o Parlamento de tódolos homes e mulleres deste país, onde todos vexan que se fala de emprego, sanidade ou educación”.

Situou a decisión do PP de desmantelar a Cámara no plano “ideolóxico” xa que “o problema de Galicia non está en ter menos deputados” cando o gasto dos deputados representa o 0,03 por cento do capítulo de persoal da Xunta e o 0,01 por cento do presuposto total.

Dixo que “o problema de Galicia non está en ter menos deputados” e engadiu que “o primeiro que hai que reducir en Galicia é o número de parados, o número de empresas que pecha, as listas de espera na sanidade ou os milleiros de rapaces que collen o tren porque teñen que marchar deste país”.

Utilidade

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Abel Losada, afirmou pola súa banda, logo da reunión da Xunta de Portavoces da Cámara autonómica, que “o problema non é o número de deputados”, senón a falla de colaboración do goberno galego para someterse ao control da Cámara autonómica. Subliñou que “prefiro abrir o Parlamento a reducir o Parlamento”.

Losada puntualizou, en resposta a preguntas dos xornalistas, que “non estamos negociando nada”, xa que o PP aínda non ten trasladado ningunha proposta. Advertiu que a redución do número de deputados supón unha “liña vermella” que os socialistas non cruzarán por canto supón unha “limitación moi grave da representatividade da Cámara”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar