OS SOCIALISTAS GALEGOS REIVINDICAN “OS DEREITOS PERDIDOS POLOS TRABALLADORES” COS GOBERNOS DE RAJOY E FEIJÓO

Os socialistas galegos reivindicaron hoxe “os dereitos perdidos polos traballadores” nos últimos anos, como consecuencia das políticas laborais dos gobernos do PP liderados por Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo.

En declaracións aos medios de comunicación antes de participar na manifestación do Primeiro de Maio en Santiago, a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, apoiou “a loita da clase obreira ante a ausencia de datos positivos no mercado de traballo”.

“A negociación colectiva está esnaquizada e os axentes sociais perderon a súa capacidade para participar na regulación do mercado de traballo”, manifestou Cancela, que lembrou “as elevadas cifras de desemprego en Galicia”, con 227.900 parados segundo os datos da EPA.

“A situación é moi preocupante, os mozos e mozas non teñen agora mesmo un proxecto vital, temos que saír á rúa, reivindicar un cambio de políticas e garantir que cos socialistas nos gobernos da Xunta e de Madrid mudarán as cousas”, engadiu.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar