OS SOCIALISTAS GALEGOS RECOÑECEN “O TRABALLO E A LOITA” DAS MULLERES DO CERCO NA SEGUNDA EDICIÓN DOS PREMIOS DE IGUALDADE MARÍA VÁZQUEZ

OS SOCIALISTAS GALEGOS RECOÑECEN “O TRABALLO E A LOITA” DAS MULLERES DO CERCO NA SEGUNDA EDICIÓN DOS PREMIOS DE IGUALDADE MARÍA VÁZQUEZ

OS SOCIALISTAS GALEGOS RECOÑECEN “O TRABALLO E A LOITA” DAS MULLERES DO CERCO NA SEGUNDA EDICIÓN DOS PREMIOS DE IGUALDADE MARÍA VÁZQUEZ

Os socialistas galegos recoñecerán “o traballo e a loita durante moitos meses” das mulleres do cerco, que recibirán o venres en Santiago o segundo premio de Igualdade María Vázquez.
A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados, Susana Sumelzo, estará xunto á presidenta da Comisión de Igualdade nas Cortes e da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, nos actos do venres, que inclúen unha homenaxe pola mañá en Miño á que fora fundadora desa agrupación, María Vázquez, mestra na República, activista feminista e de UXT.
Vázquez foi violada e asasinada na praia da Miño en agosto de 1936 polos falanxistas e neste mesmo lugar a comitiva encabezada por Sumelzo e Cancela levará a cabo unha ofrenda floral. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, o centro sociocultural de Fontiñas acollerá o acto de entrega dos premios, presentado por Olga Patiño, Esther Couto, Laura Requejo, Belén Louzao e Carmen Acuña.
As mulleres do cerco fixéronse visibles á opinión publica nos últimos meses do 2015, no medio do conflito no que estaba inmerso o sector polo inxusto reparto de cotas. O problema non só afecta a armadores e mariñeiros, senón que arrastra todo un tecido económico e social estratéxicoen varios municipios costeiros.
Tamén recibirá unha homenaxe no acto Carmen Feteira, falecida recentemente. Foi unha das fundadoras da asociación progresista Alba, referente feminista e a primeira concelleira de Igualdade de Ames co PSdeG.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar