Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que impida o proceso de privatización de Aena

Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que impida o proceso de privatización de Aena

Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que impida o proceso de privatización de Aena

Raúl Fernández sinala que Galicia “necesita dos tres aeroportos” e advirte que a súa privatización os poñerá en risco

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama á Xunta que impida o proceso de privatización de Aena. Fernández advirte que este proceso porá en risco a operatividade dos tres aeroportos galegos, que co apoio institucional necesario “podería chegar aos cinco millóns de usuarios”.

Fernández explicou que a posición periférica de Galicia fai necesarias infraestruturas aeroportuarias en Santiago, Vigo e A Coruña, e lembrou que pasaron do seu máximo histórico en 2011, con 4,5 millóns de viaxeiros, ao mínimo de 3,6 en 2013. Advertiu que tanto a perspectiva de privatización de Aena como o desleixo do goberno galego están a botar por terra a tendencia de uso crecente dos aeroportos.

A entrada de capital privado, e polo tanto a priorización da rendibilidade económica, abocará ao peche aos aeroportos menos rendibles, cando actualmente son unha infraestrutura que se autofinancia e “non custa un euro”. A realidade, dixo, é que os aeroportos galegos son “modernos e competitivos” coa eiva de que as contas actuais os pon “en risco no caso da súa privatización”.

A perda do seu carácter público suporá tamén a perda da visión conxunta dos tres aeroportos e acelerará a perda de usuarios pola presumible suba de taxas, a eliminación do papel da Comunidade Autónoma e a redución do ritmo investidor, de emprego e servizos.

Turismo

Fernández responsabilizou da caída de viaxeiros a que “a Xunta non fixo os deberes nin o esforzo necesario para facer de Galicia un polo de atracción turística”, recortando 131 millóns de euros o investimento no sector entre 2010 e 2014.

A realidade, explicou, é que si o orzamento do goberno galego no sector turístico foi de 52,6 millóns de euros en 2011, acadando o máximo de 4,5 millóns de viaxeiros, un recorte drástico do 68,2 por cento ata 2013, cando se investiron 35 millóns de euros, supuxo unha redución de 800.000 viaxeiros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar