Os socialistas galegos reclaman no Congreso a inclusión das enfermeiras "xestoras de casos" no SNS

Os socialistas galegos reclaman no Congreso a inclusión das enfermeiras "xestoras de casos" no SNS

Os socialistas galegos reclaman no Congreso a inclusión das enfermeiras "xestoras de casos" no SNS

enfermeiraA deputada socialista Margarita Pérez Herraiz vén de presentar unha proposición non de Lei no Congreso para incluír ás denominadas “enfermeiras xestoras de casos” na carteira de servizos prestados polo Sistema Nacional de Saúde. Pérez Herraiz explica que o papel destes profesionais constitúe “un proceso de colaboración no cal se valora, planifica, aplica, coordina, monitoriza e avalía as opcións e servizos necesarios para satisfacer as necesidades de saúde dunha persoa, articulando a comunicación e o acceso aos recursos dispoñibles para promover resultados custe – efectivos”. A responsable socialista sinala que estes profesionais permiten tratar as necesidades dos usuarios de forma específica, deseñando un plan de intervención e coordinando as actividades cos profesionais e os familiares implicados. A enfermeira en cuestión, engade, “vela para que o doente acade os obxectivos marcados no seu plan asistencial coordinándose con diferentes profesionais e mobilizando os recursos necesarios”. O seu traballo permite “diminuír a presión hospitalaria e as visitas a urxencias e aporta unha maior seguridade ás familias”. Os principais afectados por estas profesionais serían así os doentes crónicos con procesos incapacitantes, os pluripatolóxicos, os usuarios de

coidados paliativos, as persoas que precisan coidados logo da alta hospitalaria, os coidadores familiares e as persoas atendidas en centros residenciais. Galicia A deputada socialista salientou o papel fundamental destas profesionais para a poboación galega, unha das mais envellecidas do Estado, co 7,91 por cento da poboación por enriba dos 80 anos de idade, 2,3 puntos mais que a media do Estado, do 5,67 por cento. Ademais, mais de 1,3 millóns de galegos sofren unha enfermidade crónica e medio millón sofren mais de dúas doenzas, acaparando o 70 por cento do gasto hospitalario. Tamén resulta fundamental para os en torno a 80.000 dependentes recoñecidos, por canto é a terceira Comunidade Autónoma con mais dependentes sen atender, no denominado limbo da dependencia, chegando a que en torno a 7.000 persoas faleceran dende o ano 2012 co dereito recoñecido pero sen percibir as axudas. A proposta presentada no Congreso insta ao Goberno a propoñerlle ao Consello Interterritorial do SNS que “despois de avaliar a eficiencia e efectividade, o impacto económico e organizativo da actividade das enfermeiras xestoras de casos, valore a inclusión de dito procedemento na carteira de servizos do SNS”. Esta medida permitiría estender a función específica da xestión de casos a todo o SNS, definindo e homologando as súas funcións para o mellor servizo ao conxunto da cidadanía. Contribúe así a constituír un modelo mellor preparado para afrontar a prevención e a xestión das condicións de saúde crónicas descrita na Estratexia para a Abordaxe da Cronicidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar