Os socialistas galegos presentan unha iniciativa no Congreso para denunciar o "grave retroceso" nas políticas de discapacidade

Os socialistas galegos presentan unha iniciativa no Congreso para denunciar o "grave retroceso" nas políticas de discapacidade

Os socialistas galegos presentan unha iniciativa no Congreso para denunciar o "grave retroceso" nas políticas de discapacidade

A voceira da Comisión para as Políticas Integrais da Minusvalía, Laura Seara, denunciou que "as políticas antisociais" do Goberno están a supoñer un "grave retroceso nos avances conquistados nos últimos anos" en materia de minusvalía. Denunciou a “voadura planificada” das políticas de axuda á discapacidade e da dependencia por “motivos ideolóxicos” do PP.

Así o dixo logo dunha xuntanza da sectorial de políticas sociais do PSdeG con motivo do Día Mundial da Discapacidade no que tamén participou a coordinadora da Área de Benestar, Margarita Pérez Herraiz, e a portavoz de Política Social do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Carmen Gallego.

A responsable socialista salientou que dos 4 millóns de persoas afectadas por estes recortes en todo o territorio nacional, 230.000 son galegos e galegas, que ven os seus dereitos reducidos “nun exercicio de cinismo terrible” por parte do PP. Chamou a “non deixar esmorecer as conquistas de mais de 37 anos de traballo das entidades e colectivos”.

A coordinadora de Benestar, Margarita Pérez Herraiz, salientou que os recortes do PP supuxeron en Galicia a paralización da Lei de Dependencia, reducindo a prestación por coidados familiares nun 15 por cento e suprimindo a cotización á seguridade social dos coidadores familiares a partir de 2013.

Explicou que mentres no Estado teñen prestación o 76,93 por cento das persoas con dereito recoñecido, en Galicia só o teñen o 62,52 por cento, mentres o Goberno aumenta a dous anos o retraso na efectividade deste dereito, e advertiu que non serán incluídos os dependentes moderados ata 2015.

Coartada

A deputada socialista Laura Seara afirmou que "a crise económica e social non pode servir de coartada ou pretexto para reducir os dereitos sociais nin os apoios e recursos" para as políticas de minusvalía.

Pola contra, dixo, en momentos de dificultades económicas, "os poderes públicos deben intensificar os esforzos para continuar avanzando na protección dos dereitos e a mellora da calidade de vida das persoas con minusvalía". Pero "o Goberno está a facer xusto o contrario, con brutais recortes presupostarios e reformas lexislativas regresivas", lamentou.

Un retroceso que se reflicte de xeito singular na promoción do acceso ao emprego das persoas con minusvalía, que é a canle fundamental para alcanzar a súa plena integración en todos os ámbitos. Por iso, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas con Minusvalía, o Grupo Parlamentario Socialista presentará mañá no Congreso unha proposición non de lei sobre emprego de persoas con minusvalía.

Salientou así que os orzamentos para o próximo ano reducen nun 34,6 por cento as partidas para políticas activas de emprego, diminúen un 61,35 por cento as bonificacións e suprimen os 253 millóns de euros de subvencións finalistas para a integración laboral de persoas con discapacidade.

Iniciativa

Na iniciativa reclámanse medidas de apoio aos centros especiais de emprego, entre elas, ampliar a subvención do custo salarial correspondente a postos de traballo ocupados por persoas con minusvalía ao 75% do salario mínimo para os colectivos con especiais dificultades para a súa inserción laboral.

Así mesmo, os socialistas piden que se restablezan as medidas estatais de inserción laboral de persoas con minusvalía que se contiñan na Estratexia Española do Emprego 2012-2014 e que foron suprimidas pola disposición final undécima do Real Decreto Lei de Reforma Laboral.

Tamén se esixe que se repoñan os recursos destinados ás políticas activas de emprego de persoas con minusvalía, e demándanse medidas para garantir que as distintas administracións salden a débeda en concepto de axudas á inclusión laboral que teñen contraídas con empresas e entidades do terceiro sector social.

Finalmente, ínstase o Goberno a aprobar unha nova regulación legal do emprego para as persoas con minusvalía, e a adoptar as medidas necesarias para garantir o cumprimento das porcentaxes de reserva de emprego establecidas tanto para o sector público coma para o privado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar