Os socialistas galegos piden no Congreso medidas urxentes de solidariedade para compensar e facilitar a recuperación das persoas e zonas afectadas polo temporal en Galicia

Os socialistas galegos piden no Congreso medidas urxentes de solidariedade para compensar e facilitar a recuperación das persoas e zonas afectadas polo temporal en Galicia

Os socialistas galegos piden no Congreso medidas urxentes de solidariedade para compensar e facilitar a recuperación das persoas e zonas afectadas polo temporal en Galicia

Entre outras, solicitan axudas directas por danos persoais e materiais, indemnizacións para explotacións pesqueiras, agrícolas e gandeiras, subvencións para reparar a rede viaria, liñas de crédito e bonificacións fiscais

Reclaman un Informe con avaliación de riscos futuros e medidas de prevención

"Esperamos que, nesta ocasión, o costume de Feijóo de falar en Galicia para calar en Madrid se converta en esixencia para atender completamente os danos sufridos"

Os deputados socialistas galegos rexistraron no Congreso dos Deputados unha Proposición non de Lei coa que solicitan ao Goberno "a adopción de medidas extraordinarias de solidariedade cos afectados polos diversos e graves temporais que afectaron as costas galegas e cantábricas"

Os deputados galegos consideran que "os importantes danos provocados necesitan ser reparados con urxencia" e sinalan que "o Estado non pode quedar á marxe no que respecta á adopción de medidas de compensación e reparación dos danos provocados, pero tamén no que se refire a medidas de prevención e adaptación relativas ao cambio climático"

Defenden que "ante catástrofes naturais, o Goberno, no marco do principio constitucional de solidariedade, coa maior celeridade, debe adoptar medidas extraordinarias e poñer a disposición dos afectados e demais administracións competentes os medios necesarios para a reparación dos danos producidos". "En catástrofes precedentes xa fíxose e debe facerse tamén neste caso".

A este respecto esperan "que non só o Goberno Central estea á altura, senón tamén o da Xunta de Galicia" e desexan "que, nesta ocasión, o costume de Feijoo de falar en Galicia para calar en Madrid se converta en esixencia para que se atendan de forma completa e inmediata os danos".

Con esta iniciativa, instan o Goberno "a establecer, de forma extraordinaria e con vixencia inmediata, mediante o correspondente Decreto-Lei, un conxunto de medidas urxentes de solidariedade dirixidas, no posible, a compensar e facilitar a recuperación das persoas e das zonas afectadas".

En concreto, solicitan axudas directas polos danos persoais e materiais tanto nos bens das persoas e empresas coma nos das Administracións, así como polos gastos ocasionados para afrontar esta catástrofe. Así mesmo, axudas específicas para a reconstrución de locais e vivendas, indemnizacións polos danos en explotacións pesqueiras, agrícolas ou gandeiras, e subvencións para a reparacións dos danos ocasionados na rede viaria como paseos marítimos e praias.

Do mesmo modo, piden o establecemento de liñas de crédito preferenciais para a reparación de instalacións, equipos industriais, agrícolas e automóbiles, así como de beneficios fiscais e bonificacións, exencións e moratorias nos pagamentos das cotizacións á Seguridade Social. Para facilitar as reparacións, inclúen ademais que os contratos de reparación de infraestruturas e as obras de reposición de bens, se consideren como obras, servizos ou subministracións de emerxencia.

Ademais, piden que o Estado conceda anticipos sobre as axudas e subvencións, e créditos extraordinarios para dar cobertura orzamentaria inmediata a estas axudas. Así mesmo, reclaman "que as medidas que se aproben consideren polo menos o nivel de axuda previsto nos últimos decretos-leis aprobados para outras catástrofes naturais". Para evitar danos futuros, instan a que o Goberno presente no Congreso, en 6 meses, un Informe coas incidencias no dominio público marítimo-terrestre do cambio climático e se contemplen medidas de prevención para afrontar os seus efectos.

Todos os deputados do PSOE de Galicia, Cantabria, Asturias e País Vasco asinaron a PNL.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar