Os socialistas galegos piden ao Goberno "que revise a súa cruel e discriminatoria política sanitaria"

Os socialistas galegos piden ao Goberno "que revise a súa cruel e discriminatoria política sanitaria"

Os socialistas galegos piden ao Goberno "que revise a súa cruel e discriminatoria política sanitaria"

Os enfermos graves e/ou crónicos galegos pagarán polos fármacos hospitalarios ao contrario que os enfermos da maioría de CCAA, que se negan a repercutir o custo nos pacientes

Rexistraron hoxe novas iniciativas parlamentarias para que o Goberno retire o copagamento nos fármacos hospitalarios e rectifique a súa decisión de excluír de cobertura sanitario público aos españois que se desprazan máis de 90 días fóra de España

Consideran "inaceptable" a desigualdade que xera que algúns pacientes, como os galegos, vaian ter que asumir o custo e outros pacientes non teñan que facelo

Tras anunciar a ministra de Sanidade a retirada dalgúns copagamentos anunciados polo Goberno, os deputados socialistas galegos rexistraron hoxe de novo no Congreso unha batería de iniciativas coas que piden o Goberno que retire as medidas de copagamento hospitalario para enfermos graves e/ou crónicos, así como que rectifique a súa decisión de excluír de cobertura sanitario público aos que se desprazan máis de 90 días fóra de España.

Así mesmo, solicitan ao Goberno que aprobe unha norma que contemple unha carteira común de produtos financiados, unha vez que retirou o copagamento para as prestacións ortoprotésicas.

Carmela Silva sinala que o anuncio da ministra de que o Goberno renuncia a aplicar os copagamentos en ambulancias, prótese e dietoterápicos "é unha mostra clara de que o Goberno do PP toma decisións que non se corresponden con criterios de racionalidade sanitaria, senón que responden exclusivamente a un afán incualificable de recortar dereitos á cidadanía e ao principio de que as prestacións sanitarias son para quen poida pagalas. "É o cuestionamento xeneralizado a esta esperpéntica política sanitaria o" que "obrigou o Goberno a retirar copagamentos".

Non obstante, critican "que o Goberno se empeñe en manter o copagamento en fármacos hospitalarios, a pesar de ser o copagamento máis contestado polas CCAA,". De feito, recordan que "o único Presidente de CC.AA que defende a aplicación deste copagamento e que fará que os pacientes galegos con enfermidades graves e crónicas paguen por uns fármacos que son fundamentais para a superviviencia é o Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Feijoo,".

Os socialistas galegos cualifican de "cinismo" que a xerente do Servizo Galego de Saúde considerase que a retirada do copagamento en ambulancias e prótese 'é unha boa noticia' cando dende a Xunta de Galicia se afirmara que se aplicaría o devandito copagamento a pesar de que outras CCAA xa informaran que non cargarían ese custo aos pacientes. "A mesma responsable -reproban- adiantou que en Galicia se manterá o copagamento para os fármacos hospitalarios intentando xustificar a medida como positiva para lograr a equidade no acceso e a homoxeneidade de todos os pacientes á marxe da Comunidade na que vivan".

"O argumento da xerente do Servizo Galego de Saúde -engaden- resulta dunha clara obscenidade política, xa que moitas CCAA afirmaron que non farán recaer nos pacientes este copagamento,".

Así, consideran que "non só nos encontramos ante unha política sanitaria inxusta senón que, ademais, xera inseguridade no conxunto do Estado xa que será aplicada de diversos modos en cada unha das CCAA". "É inaceptable -remarcan- a desigualdade que xera que algúns pacientes, como os galegos, vaian ter que asumir o copagamento e outros pacientes non terán que facelo.

Sobre a decisión do Goberno de excluír de cobertura sanitario público aos españois que se desprazan máis de 90 días fóra de España, inciden en que "estas persoas se van porque non lles queda outro remedio e como españolas e españois teñen dereitos que non se lles poden acernar".

Por iso, instan ao Goberno a que revise a súa cruel, discriminatoria e inxusta política sanitaria que non responde máis que criterios ideolóxicos do PP de que teña dereitos quen poida pagalos

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar