Os socialistas galegos piden a comparecencia da ministra Pastor pola instalación de tramos da AVE a Galicia en vía única e non en dobre vía

Os socialistas galegos piden a comparecencia da ministra Pastor pola instalación de tramos da AVE a Galicia en vía única e non en dobre vía

Os socialistas galegos piden a comparecencia da ministra Pastor pola instalación de tramos da AVE a Galicia en vía única e non en dobre vía

Os deputados socialistas galegos lamentan que "se cumpre o que xa advertimos: a mentira de Fomento cando negou o informe de ADIF" que "sinalaba que se instalaría vía única como medida de aforro"

Solicitan tamén que compareza o Presidente de ADIF, quen xa insinuou en anterior comparecencia que isto sucedería

Os deputados socialistas galegos no Congreso solicitaron de xeito urxente a comparecencia no Congreso da ministra de Fomento, Ana Pastor, tras coñecerse que Fomento ordenou instalar tramos de vía única na liña de AVE Madrid-Galicia para aforrar.

Os socialistas galegos xa advertiron o pasado mes de xuño da existencia dun informe de ADIF, co logo do ministerio de Fomento, polo que o Goberno cambiaría o proxecto da alta velocidade a Galicia de modo que en 2018 non estaría finalizado o tramo Lubián-Ourense senón só a construción do tramo Lubián-Taboadela e con plataforma para vía única e non para dobre vía como asegurou Pastor. O obxectivo sería instalar vía única para aforrar 3.840 millóns de euros.

"Naquel momento, o Goberno negou a validez do documento de ADIF, pero agora confírmase a mentira de Fomento da que os socialistas xa advertimos" -lamentan.

Os deputados socialistas galegos xa alertaron entón sobre "os ocultos plans do Goberno respecto á AVE a Galicia" e pediron Pastor que aclarase que é o que se executaría da proposta de ADIF.

Agora que se confirman os plans do Goberno de construír a AVE a Galicia con tramos de vía única, os socialistas galegos esixen que compareza Pastor no Congreso para que explique se son certas as modificacións do trazado da AVE no tramo Olmedo-Zamora-Lubián-Ourense-Santiago respecto de limitar a súa plataforma a unha única vía.

Esas modificacións xa foron apuntadas polo presidente de ADIF na súa comparecencia na Comisión de Fomento do Congreso respecto aos Presupostos Xerais do Estado para 2014. Por iso, os socialistas galegos solicitan tamén que este compareza na Comisión de Fomento co fin de "botar algunha luz ás verdadeiras intencións do Goberno respecto á AVE a Galicia".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar