Os Socialistas Galegos no Senado sinalan que a Lei de Reforma Local condena á desaparición case cen concellos galegos

Os Socialistas Galegos no Senado sinalan que a Lei de Reforma Local condena á desaparición case cen concellos galegos

Os Socialistas Galegos no Senado sinalan que a Lei de Reforma Local condena á desaparición case cen concellos galegos

Anuncian que o PSOE levará a Lei ao Tribunal Constitucional. Aseguran que non queremos volver ao caciquismo, esta vez privatizado.

Os Senadores Galegos Socialistas reivindican o labor dos alcaldes e concelleiros de Galicia e aseguran que os concellos son as entidades públicas menos endebedadas.

Apuntan que o PP decidiu aplicar a reforma despois do 2015 para non pagar nas urnas as consecuencias da Lei.

Ricardo Varela, voceiro do Grupo Territorial Socialista Galego no Senado, sinalou que o Proxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local condena á desaparición polo menos un centenar de municipios galegos. Recordou que 93 municipios teñen menos de dous mil habitantes, que perecerán por asfixia económica e deixarán de ter sentido pola carencia de competencias.

Sinalaron tamén os socialistas galegos no Senado que outros 106 concellos con menos de 20.000 habitantes terán moi serias dificultades para seguir desenvolvendo as funcións que realizan hoxe en día, dado que a Lei privatiza servizos para beneficiar ao sector privado e despoxa de competencias en servizos básicos 293 municipios galegos. Só os de máis de 20.000 habitantes terán algunha competencia en prestacións básicas sociais.

Varela sinalou que se trata dun novo recorte do executivo do PP e un ataque frontal aos Goberno Locais, e que esta norma non clarifica competencias, nin evita duplicidades, nin simplifica a estrutura administrativa, nin aforra diñeiro.

Sinalou igualmente, que hai que desmentir rotundamente o argumento de que a Lei responde a unha necesidade de aforro, e aclarou que "o PP só quere recortar e pechar servizos locais"
O coordinador dos socialistas galegos no Senado, sinalou que os concellos só acumulan un cinco por cento da débeda pública en España.

Os senadores sinalaron que a Lei deixa alcaldes e concelleiros sen capacidade de decisión, como meros monicreques sen función, sinalándoos como responsables da crise, o déficit e a corrupción.

Os concellos non desbalden, matizou Varela, aínda que certamente hai malos exemplos como o do Señor Gallardón e a Señora Botella que acumularon a maior débeda municipal de España, un terzo do total.

Recordou que o 85% dos concelleiros non cobran e prestan os seus servizos con dedicación e entrega os seus veciños.

Os senadores galegos socialistas manifestaron a súa esperanza en que isto que hoxe aprobou o Senado poida ser reconducido na próxima lexislatura polo ben dos veciños e dos nosos municipios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar