Os socialistas galegos levan ao Parlamento as conclusións da plataforma ibérica en defensa da saúde pública en España, Portugal e Galicia

Os socialistas galegos levan ao Parlamento as conclusións da plataforma ibérica en defensa da saúde pública en España, Portugal e Galicia

Os socialistas galegos levan ao Parlamento as conclusións da plataforma ibérica en defensa da saúde pública en España, Portugal e Galicia

Carmen Acuña reclama a reversión do proceso de privatización da saúde pública e a desaparición de copagos e taxas que limiten o acceso aos servizos e recursos

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, anunciou que presentará no Parlamento unha proposición non de Lei coas conclusións da xuntanza da Plataforma Ibérica en defensa da sanidade pública en España, Portugal e Galicia, logo de que a Xunta anunciara un acordo co Norte de Portugal “absolutamente insuficiente”.

Acuña reclama no Parlamento un Servizo Nacional de Saúde universal e gratuíto financiado cos orzamentos xerais do Estado, financiado “publicamente sen copagos nin taxas moderadoras que limitan o acceso aos servizos e recursos”. Dixo que “nin os acordos con Europa nin os acordos con Portugal poden ser a desculpa do goberno de Feijóo para modificar o noso modelo de saúde destruíndo o sistema público”.

Esixiu así unha nidia separación do público e do privado e un sistema baseado nunha planificación xeral e autonómica e na xestión descentralizada dos servizos e áreas de saúde”.

A responsable socialista insta ao goberno galego a implantar unha intervención “multidisciplinar e integradora” dos equipos de saúde, a favor dun sistema de saúde “orientado á promoción e á prevención, con potenciación da atención primaria de Saúde e baseado nun modelo de saúde comunitario” e contando coa participación social e profesional.

Os socialistas galegos esíxenlle ao goberno galego que pare co seu proceso privatizador da sanidade para recuperar un modelo público “que busque a calidade e a eficiencia garantindo unha utilización racional dos recursos”.

Manifesto

Acuña leva así ao Parlamento de Galicia as principais conclusións acadadas no “Manifesto por unha saúde de calidade para todos e para todas”, aprobado no encontro da pasada semana entre diversas organizacións de Galicia, España e Portugal a prol da saúde pública.

A través deste acordo queren establecer unha Alianza Ibérica que poña coto ás políticas neoliberais, representadas en Galicia e España polo PP, “caracterizadas por recortes no orzamento sanitario público, incremento da privatización sanitaria, introdución e crecemento dos copagos”, relegando á Atención Primaria e abandonando o modelo de Saúde comunitaria.

Acuña sinala que “o obxectivo cada vez menos disimulado consiste no desmantelamento dos sistemas nacionais de saúde públicos para deixar paso ao mercado, á competencia e á provisión de servizos polo sector privado”.

As consecuencias, advirte, son “o aumento das desigualdades sanitarias, a limitación na accesibilidade á atención de saúde, o incremento da irracionalidade da atención e un aumento da enfermidade e da mortalidade, empeorando o nivel de saúde da poboación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar