Os socialistas galegos esixen “recursos técnicos e materiais da Xunta para facilitar o acollemento de refuxiados”

Os socialistas galegos esixen “recursos técnicos e materiais da Xunta para facilitar o acollemento de refuxiados”

Os socialistas galegos esixen “recursos técnicos e materiais da Xunta para facilitar o acollemento de refuxiados”

Marisol SoneiraOs socialistas galegos esixiron hoxe no Parlamento “recursos técnicos e materiais da Xunta para facilitar o acollemento de refuxiados”.

“A situación é dramática para os refuxiados sirios e o goberno galego debe evitar inseguridade xurídica aos funcionarios”, asegurou a deputada socialista Marisol Soneira nunha pregunta oral á directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González.

“As intencións do goberno galego soan moi ben, pero polo momento concreción ninguna, a Xunta debe ter preparada a escolarización dos nenos, o acceso á sanidade pública ou a necesidade de poñer en mans dos refuxiados recursos para poder traballar”, afirmou Soneira.

“Vinte días despois de presentar a iniciativa, supoñemos que a Xunta ten os deberes feitos, o presidente Feijóo anunciou que Galicia aceptaría 300 prazas pero hoxe sabemos que o cupo será maior”, engadiu a deputada socialista, que demandou “un regulamento para desenvolver a Lei de Asilo, necesario para este caso e outros”.

“Houbo un salto cualitativo coa tráxica imaxe do neno na praia, agora todos somos moi sensibles, pero as administracións teñen que habilitar recursos para tramitar todo isto con celeridade”, rematou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar