Os socialistas galegos esixen “medidas urxentes” para rematar co “austericidio” no sistema educativo e repoñer as condicións laborais do profesorado

Os socialistas galegos esixen “medidas urxentes” para rematar co “austericidio” no sistema educativo e repoñer as condicións laborais do profesorado

Os socialistas galegos esixen “medidas urxentes” para rematar co “austericidio” no sistema educativo e repoñer as condicións laborais do profesorado

Vicente DocasarO portavoz de Educación dos socialistas galegos, Vicente Docasar, demandoulle hoxe á Xunta no pleno do Parlamento “medidas urxentes” para rematar co “austericidio” no sistema educativo e para repoñer as condicións laborais e profesionais do profesorado.

No pleno de hoxe compareceu o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para informar das novidades na regulación dos currículos de ESO e bacherelato en desenvolvemento da Lomce. Docasar lembrou que “o Consello Escolar de Galicia debatiu e rexeitou hai pouco mais dun mes os proxectos de currículos”.

“Están procedendo vostedes de maneira semellante ao que fixeron no seu día cos currículos de primaria e da FP básica, unha tramitación caótica e precipitada cunha enorme falta de respecto ao colectivo docente, chegará o caos ao comezo do curso e polo que parece non están en absoluto preocupados”, afirmou o socialista, que demandou a convocatoria con urxencia da conferencia sectorial de educación tras pasar a presidir o PP tan só cinco das 17 comunidades autónomas.

O deputado socialista amosou tamén a súa preocupación “pola modificación da carga horaria de numerosas materias, e pola imposición duns currículos sobrecargados e de contidos inalcanzables na maioría de materias, tendo en conta a carga lectiva que se lles asigna”.

Facendo un balance do curso actual, Docasar aseverou que “hai menos recursos para becas, temos menos profesores e con peores condicións laborais e profesionais, repagos en libros de texto e comedores, e miles de mozos e investigadores ben preparados se viron obrigados a coller unha maleta e emigrar”, dixo.

“Se chegou a recuperación á nosa economía, é hora tamén de que esa recuperación vaia chegando paulatinamente ao sistema educativo galego”, engadiu o deputado do PSdeG, que demandou que se repoñan as condicións laborais dos profesionais da educación, as prazas de profesores perdidas, un plan para mellorar as instalacións dos centros educativos que foron quedando obsoletas, “e que se poñan a traballar para corrixir a fenda dixital existente entre centros do medio urbano e centros do medio rural”.

Os socialistas esixen tamén “que eviten que ningún neno ou nena do ensino obrigatorio quede sen praza de comedor cando o necesite nin asista a clase sen libros de texto ou material escolar, á marxe de recuperar progresivamente as cantidades que os centros educativos recibían para os seus gastos de funcionamento ordinario”.

Por último, Docasar solicitou “que garantan aos reitores das tres universidades galegas un plan de financiamento xusto para a etapa 2016-2020, que busquen con xenerosidade o consenso lingüístico e que o conselleiro de Educación traballe cos seus compañeiros e compañeiras doutras consellerías para recuperar o talento perdido nos últimos anos pola emigración forzada”.

“Vostede ten que decidir si se limita a administrar como un mero contable a herdanza que lle deixou o actual alcalde de Ourense ou si polo contrario está disposto a modificar políticas”, rematou o portavoz de Educación do grupo socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar