OS SOCIALISTAS GALEGOS ESIXEN Á XUNTA “UN NOVO PROCESO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA” PARA RECUPERAR “O EMPREGO PÚBLICO PERDIDO”

OS SOCIALISTAS GALEGOS ESIXEN Á XUNTA “UN NOVO PROCESO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA” PARA RECUPERAR “O EMPREGO PÚBLICO PERDIDO”

OS SOCIALISTAS GALEGOS ESIXEN Á XUNTA “UN NOVO PROCESO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA” PARA RECUPERAR “O EMPREGO PÚBLICO PERDIDO”

Os socialistas galegos esixen á Xunta que inicie “un novo proceso de negociación colectiva” para recuperar “o emprego público perdido” e os dereitos cos que xa non contan os traballadores despois de varios anos de recortes.

O portavoz socialista de Administración Autonómica e Función Pública, Juan Manuel Díaz Villoslada, mantivo unha reunión de traballo co Comité Intercentros da Xunta de Galicia, que representa a máis de 10.000 empregados públicos, para escoitar as súas demandas.

“É preocupante que teñamos unha taxa de temporalidade no persoal laboral autonómico por enriba do 40%”, afirmou Villoslada, que lembrou que “a lei 1/2012, que provocou numerosos recortes, debía cambiar se o escenario macroeconómico mudaba, como así pasou”.

“Galicia conta con 5.000 empregados públicos menos e a perda salarial iniciada no ano 2013 continúa”, engadiu o deputado do PSdeG, que criticou ante os medios de comunicación “a suspensión de dereitos do convenio colectivo do persoal laboral”.

“Neste novo escenario económico, o goberno de Feijóo debe iniciar unha nova vía de diálogo cos empregados públicos para solucionar os problemas existentes nas residencias, bibliotecas, en todo o relativo ás políticas sociais ou no persoal de incendios e axentes medioambientais, entre outros colectivos”, rematou Villoslada.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar