Os socialistas galegos esixen á Xunta que “non discrimine á poboación” na prestación sanitaria

Os socialistas galegos esixen á Xunta que “non discrimine á poboación” na prestación sanitaria

Os socialistas galegos esixen á Xunta que “non discrimine á poboación” na prestación sanitaria

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, esixiu hoxe á Xunta que “no futuro non faga discriminación con ningunha parte da poboación que ten que prestar atención sanitaria”. Así o dixo na sesión de control do Pleno do Parlamento ao Goberno galego na que preguntou pola orde de Sanidade que limita a atención sanitaria de parados e persoas sen recursos.

Pose reclamou á conselleira de Sanidade que garanta a igualdade na prestación sanitaria corrixindo a devandita orde de 5 de setembro pola que reclaman a declaración da renda ou o certificado do Inem para conceder este servizo. Preguntou ao goberno galego polos motivos para aprobar dita orde cando “todos temos dereito á asistencia sanitaria como cidadáns e o recoñecemento administrativo corresponde á Consellería.

O parlamentario socialista acusou á responsable da Consellería de ter “notable éxito na confusión que xera na sociedade” sobre a prestación sanitaria. Esixiulle garantías de que os españois e estranxeiros con residencia no territorio nacional teñan dereito á protección da saúde e asistencia sanitaria, tal e como sinala a lexislación básica do Estado.

Lembrou ademais que “quen ten que recoñecer o dereito á asistencia sanitaria é o Sergas e a Consellería de Sanidade a través da expedición da tarxeta sanitaria, e non o Instituto Nacional da Seguridade Social”. Preguntou neste sentido “por qué fan unha orde para regular o dereito á asistencia aos parados e aos pobres”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar