Os socialistas galegos esixen “a retirada da retrógrada contrarreforma da lei do aborto” e acusan ao PP de “traficar coa liberdade das mulleres”

Os socialistas galegos esixen “a retirada da retrógrada contrarreforma da lei do aborto” e acusan ao PP de “traficar coa liberdade das mulleres”

Os socialistas galegos esixen “a retirada da retrógrada contrarreforma da lei do aborto” e acusan ao PP de “traficar coa liberdade das mulleres”

15099181319_3130b39744_zOs socialistas galegos esixiron hoxe a “retirada inmediata e definitiva da contrarreforma da lei de aborto”, unha iniciativa do Partido Popular “retrógrada, misóxina e que vulnera os dereitos fundamentais das mulleres”.

O PSdeG uniuse nas catro provincias ás roldas de prensa conxuntas dos socialistas en toda España para demandar a retirada da reforma. Na de Santiago, participaron Guillermo Meijón, coordinador dos socialistas galegos nas Cortes e deputado no Congreso, a tamén deputada no Congreso Paloma Rodríguez, e Carmen Acuña, portavoz de Igualdade na Cámara galega.

“Temos que plantarlle cara a Alberto Ruiz Gallardón, un ministro misóxino que tenta un recorte de dereitos das mulleres sen precedentes que provocaría un retroceso de máis de corenta anos, falamos dunha medida totalmente ideolóxica”, afirmou Meijón.

Pola súa parte, Paloma Rodríguez acusou ao PP de “traficar coa liberdade das mulleres”. “Os socialistas puxemos a igualdade no centro da nosa acción política, a lei do ano 2010 foi consensuada e non contestada socialmente”, manifestou a deputada de Ferrol.

Rodríguez advertiu de que “o PP fai desde hai tempo unha derrogación de facto da lei de 2010, coa redución dos centros de planificación familiar, as críticas contra as clínicas autorizadas e a estigmatización das mulleres que deciden abortar, poñen trabas ao dereito a decidir das mulleres e cuestionan que sexamos titulares de dereitos fundamentais”.

A portavoz de Igualdade e deputada dos socialistas galegos no Parlamento, Carmen Acuña, lamentou que o Partido Popular “fale dunha reforma que levaría ás mulleres a abortos clandestinos, a dereita ten máis medo dos obispos que das mulleres”.

“Aquí en Galicia temos un presidente, Núñez Feijóo, que demostrou na votación no Parlamento sobre este tema que apoia as teses de Gallardón, a Xunta anunciou que enviaría un informe ao Goberno central e esiximos coñecer o seu contido; falamos de ciencia e de saúde, non de ideoloxía”, engadiu Acuña.

Os tres representantes dos socialistas galegos coincidiron na rolda de prensa en pedir “a retirada da reforma, do recurso do PP ante o Tribunal Constitucional e do propio ministro Gallardón”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar