Os socialistas galegos en Madrid pídenlle ao Goberno "que rectifique" e retire o copago hospitalario e o do transporte sanitario aos enfermos graves e crónicos

Os socialistas galegos en Madrid pídenlle ao Goberno "que rectifique" e retire o copago hospitalario e o do transporte sanitario aos enfermos graves e crónicos

Os socialistas galegos en Madrid pídenlle ao Goberno "que rectifique" e retire o copago hospitalario e o do transporte sanitario aos enfermos graves e crónicos

Os deputados socialistas galegos rexistran unha batería de iniciativas no Congreso e sinalan que Feijóo foi o único Presidente de CC.AA "obediente" para aplicar esta cruel e inxusta medida

A necesidade de transporte sanitario non urxente vese agravada no caso de Galicia pola dispersión poboacional e o envellecemento e as patoloxías dos pacientes

Os deputados e deputadas socialistas galegos rexistraron no Congreso unha batería de iniciativas coas que piden o Goberno que retire as medidas de copagamento hospitalario para enfermos graves e/ou crónicos e de copagamento no transporte sanitario non urxente; medidas que, sinalan, "responden a criterios ideolóxicos do Goberno do PP e non de racionalización de aforro" e "son evidentemente crueis e inxustas".

Os socialistas galegos destacan que "a maioría das CC.AA mostraron o seu desacordo a aplicar o copagamento aos pacientes con enfermidades graves e crónicas cuxos fármacos dispensan os hospitais". Este é o caso, indican, de CC.AA como Andalucía, Asturias, Madrid, Castela-A Mancha, Castela-León, Baleares, Estremadura, Cantabria, Navarra, Canaria, Cataluña e País Vasco.

Así, a deputada Carmela Silva incide en que "o único Presidente que se mostrou "obediente" á hora de aplicar unha medida tan cruel e inxusta foi" o da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, mostrando unha vez máis a súa total falta de sensibilidade cara ás galegas e galegos que padecen enfermidades graves e crónicas". "Tanto é así -engade- que ata a Sr.Cospedal, número dous do PP a nivel nacional, diga que non lle vai pedir a ningún cidadán con enfermidade grave que axude ao pagamento e que será a Xunta de Castela-A Mancha- quen pagará porque ela, como máxima autoridade desa Comunidade, ten a obriga de coidar das persoas da rexión".

"Este copagamento hospitalario -remarcan- afecta a medicamentos imprescindibles no tratamento de enfermidades como o cancro, a hepatite, o VIH ou a artrite, moitas delas cun alto nivel de afectación en Galicia" e pídenlle ao Goberno non só que retire a medida senón que explique no Congreso como valora a decisión da maioría de CC.AA de non a aplicar.

Así mesmo, apuntan que "o Consello de Estado cuestionou abertamente a decisión de Rajoy de establecer o copagamento no transporte sanitario non urxente". De feito, o propio Consello de Estado indica que esta medida "non" supón aforro ningún para a administración, é unha dura carga para o cidadán e non diminuirá o uso deste servizo pola aplicación da devandita medida".

Silva afirma que "esta inhumana decisión do executivo estatal é unha obscenidade política, pois afecta a enfermos crónicos que padecen cancro, necesitan diálise ou rehabilitación" e que responde a criterios ideolóxicos do PP e responde a un concepto de sociedade no que só ten dereitos o que puiden pagalos.

Para Galicia, cren que "a necesidade do transporte sanitario non urxente se ve agravada polo efecto da dispersión poboacional, o envellecemento e as patoloxía dos pacientes, ao que se engaden as baixas pensións que teñen un gran número dos pacientes que usan este transporte,"

Esíxenlle polo tanto ao Goberno que retire esta medida "á que é contrario o propio Consello de Estado" e que explique no Congreso as causas para implantala unha vez que quedou demostrado que non é por cuestión de racionalización das prestacións sanitarias ou aforro das administracións públicas

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar