OS SOCIALISTAS GALEGOS DENUNCIAN “OS OITO ANOS PERDIDOS CON FEIJÓO” E CONSIDERAN QUE “GALICIA MERECE UN PRESIDENTE QUE MIRE POR ELA”

OS SOCIALISTAS GALEGOS DENUNCIAN “OS OITO ANOS PERDIDOS CON FEIJÓO” E CONSIDERAN QUE “GALICIA MERECE UN PRESIDENTE QUE MIRE POR ELA”

OS SOCIALISTAS GALEGOS DENUNCIAN “OS OITO ANOS PERDIDOS CON FEIJÓO” E CONSIDERAN QUE “GALICIA MERECE UN PRESIDENTE QUE MIRE POR ELA”

Os socialistas galegos denunciaron hoxe no Parlamento “os oito anos perdidos con Feijóo na Xunta” e consideran que “Galicia merece un presidente que mire por ela”, apostando por un cambio liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga.

A portavoz parlamentaria do PSdeG, Patricia Vilán, lamenta que “Feijóo pida agora a motivación que non tivo nesta lexislatura, careceu de proxecto e ante os problemas mirou para outro lado, normalmente a Madrid para non facerse responsable de nada”.

Nunha rolda de prensa, Vilán apuntou que “o balance de Feijóo como presidente é nefasto e está avalado polas cifras, cunha planificada privatización dos servizos públicos”. “Galicia está paralizada, o compromiso foi nulo e o presidente da Xunta non aproveitou dúas maiorías absolutas”, explicou.

“Feijóo negou o problema da demografía, dobrou a débeda pública e ten o territorio abandonado”, manifestou a portavoz socialista, que criticou o desleixo do Partido Popular “na lingua, a cultura, a industria, o agro ou o monte, piares estratéxicos para Galicia”.

No balance do acontecido nestes oito anos, Patricia Vilán lembrou que “temos 136.000 ocupados menos e 61.900 desempregados máis, cun problema de precariedade e temporalidade no emprego”. Ademais, “o investimento baixou en 400 millóns de euros na educación e o orzamento sanitario descendeu un 18%, cunha hipoteca de 3.000 millóns de euros no novo hospital de Vigo”.

Por último, a socialista falou “da crise do sector naval, do lácteo e do cerco, do incumprimento da Lei de Dependencia ou do forte descenso do uso do galego”. “En definitiva, os datos avalan que a xestión foi nefasta”, rematou Vilán, facendo un chamamento ao voto progresista para que o 25 de setembro chegue un cambio liderado polo proxecto socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar