Os socialistas galegos denuncian "a paralización absoluta do desenvolvemento eólico" e a cruzada do PP contra as enerxías renovables

Os socialistas galegos denuncian "a paralización absoluta do desenvolvemento eólico" e a cruzada do PP contra as enerxías renovables

Os socialistas galegos denuncian "a paralización absoluta do desenvolvemento eólico" e a cruzada do PP contra as enerxías renovables

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou no Parlamento “a paralización absoluta do plan industrial vinculado ao sector eólico en Galicia” coa Xunta de Alberto Núñez Feijóo.
“O Goberno do PP presentou en agosto de 2010 o plan Rexurde Eólico 2010, no que anunciaba unha inversión no sector de 6.000 millóns de euros e a creación de 14.000 postos de traballo”, manifestou Losada en rolda de prensa, advertindo que “desde aquel momento, non hai nin un só muíño novo instalado”.
O deputado socialista lembrou que “no primeiro trimestre deste ano, a Xunta explicou que o desenvolvemento do plan xa provocara un investimento de 700 millóns de euros, que elevaron hai pouco a 850 millóns, e a creación de 1.400 empregos, pero son datos que poñemos en dúbida”. De feito, o grupo do PSdeG solicitou unha información máis detallada destes proxectos, que ata o de agora non recibiu.
“O sector ten serios problemas de financiamento e as políticas regulamentarias do Goberno de Rajoy, co silencio de Feijóo, son unha cruzada contra as enerxías renovables”, apuntou Losada, que falou da decisión de Gas Natural Fenosa de renunciar ao 41% dos megawatios que lle asignaran.
Losada lamentou “o engano da Xunta co sector eólico, completamente paralizado e con moi poucas perspectivas de futuro”, e fixo unha referencia ao plan para potenciar a biomasa forestal ata o ano 2020 que presenta hoxe o Goberno de Feijóo, “outro coello que saca da chisteira cando a realidade demostra o seu nulo interese polas enerxías renovables”.
O grupo socialista presentou varias iniciativas na Cámara nas que demanda a comparecencia do presidente da Xunta e do conselleiro de Industria, Francisco Conde, “para que expliquen o que está a pasar coa enerxía eólica e deixen de enganar ao sector e ao conxunto da cidadanía galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar