OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN “UN PACTO SOCIAL” PARA BLINDAR “A CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS”

OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN “UN PACTO SOCIAL” PARA BLINDAR “A CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS”

OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN “UN PACTO SOCIAL” PARA BLINDAR “A CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS”

Os socialistas galegos demandan “un pacto social” para recuperar a calidade dos servizos públicos, así como os dereitos perdidos polos funcionarios e o conxunto da cidadanía debido ás políticas de recortes do PP.

Os portavoces do grupo socialista de Administración Autonómica e Función Pública, Juan Manuel Díaz Villoslada, e Sanidade, Julio Torrado, mantiveron hoxe unha reunión de traballo con representantes da Federación de Servizos Públicos de UGT (FeSP-UGT).

“O balance dos últimos anos é moi negativo, hai que reabrir as vías de diálogo social cos empregados públicos e recuperar a calidade dos servizos básicos, con taxas de reposición de traballadores que garantan unha boa prestación en materias fundamentais como a sanidade e a educación”, afirma Villoslada.

Na reunión, falouse tamén da necesidade de poñer en marcha a curto prazo un “plan de igualdade no sector público autonómico” e do dano que fixeron “os procesos de privatización e externalización de servizos na sanidade pública galega”.

“Feijóo ten que cumprir na Lei de orzamentos do ano 2017 os compromisos adquiridos cos sindicatos no relativo ás pagas extras dos empregados públicos, os socialistas estaremos moi atentos para que sexa así”, engadiu o deputado do PSdeG.

Por último, tanto o grupo socialista como os representantes sindicais lembraron as recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, en contra de cubrir postos estruturais da sanidade con contratos temporais e esixindo igualdade nas indemnizacións de traballadores fixos e interinos.

Mercedes Cernadas

Deixar a resposta

Pechar