Os socialistas galegos demandan “política de país, responsabilidade e un gran pacto” para mellorar a planificación preventiva dos incendios

Os socialistas galegos demandan “política de país, responsabilidade e un gran pacto” para mellorar a planificación preventiva dos incendios

Os socialistas galegos demandan “política de país, responsabilidade e un gran pacto” para mellorar a planificación preventiva dos incendios

Foto incendio 1A secretaria de Organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, demandou hoxe en Santiago “política de país e un gran pacto” para mellorar a prevención de incendios e evitar situacións como a vivida onte na capital galega.

Cancela e o portavoz do PSdeG no Concello de Santiago, Francisco Reyes, visitaron a zona afectada polo incendio en Santiago, que obrigou a desaloxar varias vivendas e queimou sesenta hectareas. “A vaga de lumes repítese cada ano, non houbo nos últimos sete anos unha planificación preventiva por parte da Xunta de Feijóo”, manifestou aos medios de comunicación.

“Temos un orzamento de case 100 millóns de euros basicamente para extinción, pero hai aspectos perigosos como a dualidade na composición das brigadas, parte da Xunta e parte dos concellos, o que dificulta a coordinacion e pon en risco en ocasións a vida das persoas”, apunta a secretaria de Organización socialista.

“Os profesionais das brigadas teñen que ter unha formación cualificada, os convenios teñen un custo moi alto para os concellos e o goberno galego ten que dar un paso adiante e asumir con responsabilidade a coordinación dos operativos”, engadiu Cancela.

“Onte pedimos no Parlamento a comparecencia do presidente da Xunta para falar deste tema, os incendios son un problema para Galicia e os socialistas temos o compromiso de sumar e aportar, hai que falar con todos os colectivos implicados e mellorar a prevención”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar