OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN NO PARLAMENTO “MEDIDAS DE PROTECCIÓN PARA O DENUNCIANTE DE PRÁCTICAS CORRUPTAS”

OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN NO PARLAMENTO “MEDIDAS DE PROTECCIÓN PARA O DENUNCIANTE DE PRÁCTICAS CORRUPTAS”

OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN NO PARLAMENTO “MEDIDAS DE PROTECCIÓN PARA O DENUNCIANTE DE PRÁCTICAS CORRUPTAS”

Os socialistas galegos demandaron hoxe no pleno do Parlamento “instrumentos e modificacións lexislativas para dotar a Galicia dun sistema integral de protección ao denunciante de prácticas corruptas, ilícitas e fraudulentas”, tanto no eido público coma privado “e coas necesarias garantías de confidencialidade, protección da identidade e da tranquilidade laboral e persoal”.
O portavoz de Administración Pública do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, asegurou na defensa dunha pnl que “a denuncia das prácticas corruptas é unha obriga cidadá, pero os custos persoais, sociais e laborais que poden asumir as persoas denunciantes fan que dita actitude constitúa un esforzo desmedido de valentía ligado a posibles represalias”.
O grupo do Partido Popular propuxo retirar do texto a posibilidade de facer modificacións lexislativas e deixar tamen ao marxe o eido privado, o que impediu que a proposición saíse adiante.
“Para que os cidadáns exerzan o seu dereito precísase un cambio cultural nas organizacións e que os denunciantes sintan que a súa confidencialidade e protección fronte a posibles represalias e accións discriminatorias están garantidas”, apuntou o deputado do PSdeG.
As diferentes organizacións que están a promover con progresiva intensidade este mecanismo de loita contra a corrupción e o fraude “son partidarias de crear normativas que proporcionen protección eficaz para quen filtre información de interese xeral, como xesto da súa conciencia ciudadá e, a menudo, asumindo riscos persoais”.
“Por iso, é necesario que este novo marco normativo a impulsar recolla unha serie de garantías imprescindibles: libertade de expresión, confidencialidade e protección da identidade, continuidade na súa carreira profesional e tranquilidade sicolóxica e persoal”, engadiu Villoslada.
O deputado socialista rematiu afirmando que “as políticas de transparencia, prevención e loita contra a corrupción e a fraude, exemplaridade pública, en definitiva, de mellora decidida da calidade democrática do noso sitema, son e serán unha liña extratéxica das iniciativas do noso grupo durante esta lexislatura”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar