OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN NO PARLAMENTO “MÁIS MEDIDAS DE PREVENCIÓN E EDUCATIVAS” PARA REDUCIR O CONSUMO DE ALCOHOL ENTRE MENORES

Os socialistas galegos demandaron hoxe no pleno do Parlamento “máis medidas de prevención e no eido educativo” para solucionar os graves problemas derivados do consumo de alcohol entre menores.
Nunha interpelación ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o portavoz de Sanidade do socialistas galegos, Julio Torrado, esixiu un maior desenvolvemento da Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas entre os menores de idade, vixente desde hai cinco anos.
“Os informes máis recentes sitúan o inicio do consumo nos 14 anos, o que provoca en moitas ocasións problemas médicos”, apuntou o deputado do PSdeG, que advertiu da “tolerancia social, grave e importante”, e da “baixa percepción de risco entre os que consumen alcohol”.
“Anunciar sancións e intencións punitivas non soluciona os problemas, unha cousa son as consecuencias de orde público e outra as derivadas do consumo”, manifestou Torrado, que pediu “non criminalizar a unha xeración” e engadiu que “non estamos só ante un problema que afecte aos menores”.
“Os datos amosan que a realidade segue superando ás intencións expresadas nunha lei centrada en intervencións regulamentarias, de eficacia mellorable, e en accións educativas aínda pendentes de desenvolver”, rematou o socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar