OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN A CONSTRUCIÓN “DE FORMA INMEDIATA” DAS VIVENDAS PROTEXIDAS PREVISTAS PARA XOAN XXIII EN SANTIAGO

OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN A CONSTRUCIÓN “DE FORMA INMEDIATA” DAS VIVENDAS PROTEXIDAS PREVISTAS PARA XOAN XXIII EN SANTIAGO

OS SOCIALISTAS GALEGOS DEMANDAN A CONSTRUCIÓN “DE FORMA INMEDIATA” DAS VIVENDAS PROTEXIDAS PREVISTAS PARA XOAN XXIII EN SANTIAGO

Os socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento, “con carácter inmediato”, que se licite a redacción por parte do IGVS da construción das vivendas protexidas previstas para a avenida Xoán XXIII de Santiago, así como nas dúas parcelas dos SUNP 12 de Lamas de Abade (Castiñeiriño).

Nunha proposición non de lei rexeitada polo Partido Popular, o portavoz de Vivenda do grupo socialista, Xosé Sánchez Bugallo, lembrou que “existía un compromiso da Xunta desde comezos deste século para levantar na parcela de Xoán XXIII un edificio destinado a vivendas de aluguer para mozos e mozas”.

“O que pasa é que en decembro de 2014, o entón alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa directora xeral do IGVS, anunciaron un acordo para entregar esta parcela a un promotor inmobiliario para vivendas libres, a cambio de que este edificase vivendas protexidas en dúas parcelas de titularidade pública sitas no SUNP 12 no barrio do Castiñeiriño”, manifestou Bugallo.

Esta parcela corresponde as restos da expropiación realizada en 1971 para a construción de Xoán XXIII, que foron transferidos gratuitamente en 1981 pola Administración xeral do Estado á Xunta. “As restantes parcelas que foran cedidas ao Concello de Santiago están ocupadas pola biblioteca pública Anxel Casal, polo colexio López Ferreiro e por un aparcamento público; en todos os casos, excepto o que nos ocupa, edificios e instalación de titularidade pública”, apuntou Bugallo.

“Desde o ano 2005, a Xunta de Galicia e o IGVS veñen enredados nun incomprensible proceso, concurso internacional incluído, que ao cabo deste tempo só deu lugar á colocación dun valo publicitario na parcela; despois de 35 anos de xestión pola Xunta, só temos publicidade e herba”, engadiu o deputado socialista.

Bugallo rematou asegurando que “a Xunta non fixo nos últimos sete anos ningunha vivenda pública en Santiago, cando ten parcelas disponibles e temos na cidade 900 familias na lista de espera do rexistro de vivendas públicas do goberno galego”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar