Os socialistas galegos defenderán un cento de emendas na Conferencia Política

Os socialistas galegos defenderán un cento de emendas na Conferencia Política

Os socialistas galegos defenderán un cento de emendas na Conferencia Política

Máis de 70 persoas, entre participantes, membros da Executiva Federal e invitados, forman parte da delegación galega que dende hoxe e ata o domingo 2 de outubro asiste a Conferencia Política do PSOE en Madrid.

Entre os participantes do PSdeG, ademais do secretario xeral, Pachi Vázquez, estarán José Blanco, Xosé Sánchez Bugallo, Javier Losada, Xosé López Orozco, Francisco Rodríguez, Abel Caballero, Laura Seara, Antón Louro, Margarita P. Herráiz, Carmela Silva, Carmen Marón e Alberto Fidalgo.

Xunto a eles participan o delegado do Goberno e candidato pola provincia da Coruña, Miguel Cortizo, o secretario de Organización, Pablo García, o portavoz do grupo parlamentario dos socialistas galegos, Abel Losada; os secretarios xerais e de organización das executivas provincias, Salvador Fernández Moreda, Modesto Pose, María Quintas, Emilio Vázquez, Luís Piña e Raúl Fernández, o presidente da deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e deputados autonómicos e senadores como Marisol Soneira, Manuel Gallego, Luis Angel Lago Lage, Sonia Verdes, Miguel Fidalgo, e Carmen Gallego, entre outros, ademais dos 25 invitados.

Comisións de Traballo
A delegación galega defenderá as emendas do PSdeG nas cinco comisións de debate que se celebran na xornada de mañá sábado. Así, o secretario de Organización da Coruña, Emilio Vázquez, participará na comisión Gobernar os Cambios; os deputados Carmen Gallego e Abel Losada farán o propio na de Economía.

O secretario xeral de Lugo, Ricardo Varela participa na comisión de Emprego, mentres Laura Seara e Margarita Castrejón o farán na de Igualdade, que estará presidida por Miguel Cortizo; mentres na comisión sobre Democracia defenderá as propostas dos socialistas galegos o senador Luis Ángel Lago Lage.


Propostas
A delegación galega acude á Conferencia Política con preto dun cento de emendas, centradas en cuestións como as reformas fiscais, a creación de emprego, a blindaxe dos servizos públicos, a mellora da participación cidadá no sistema democrático e a reforma da administración local.

Así, en materia fiscal abordaranse cuestións como os cambios na fiscalidade para a redistribución da carga e medidas orientadas a loitar contra o fraude. Os socialistas galegos tamén presentarán propostas en materia de emprego, con políticas concretas para mellorar as políticas activas e accións para evitar que os gobernos autonómicos poidan manipular as listas de desempregados.

A defensa dos servizos públicos centrarán tamén parte das suxestións dos participantes galegos, e en especial a necesidade de blindar o carácter público, universal e gratuíto da educación e a sanidade.

A reforma do Senado, a cuestión demográfica, ou a reforma da arquitectura institucional mantendo a premisa de “un servizo, unha administración”, serán tamén defendidos polos socialistas galegos neste encontro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar