OS SOCIALISTAS GALEGOS CRITICAN A POLÍTICA DE VIVENDA DO PP, BASEADA “NA PUBLICIDADE E NA PROPAGANDA, OS FEITOS NON AVALAN O QUE DIN”

OS SOCIALISTAS GALEGOS CRITICAN A POLÍTICA DE VIVENDA DO PP, BASEADA “NA PUBLICIDADE E NA PROPAGANDA, OS FEITOS NON AVALAN O QUE DIN”

OS SOCIALISTAS GALEGOS CRITICAN A POLÍTICA DE VIVENDA DO PP, BASEADA “NA PUBLICIDADE E NA PROPAGANDA, OS FEITOS NON AVALAN O QUE DIN”

Os socialistas galegos criticaron no pleno de Parlamento a política de vivenda do Partido Popular, “baseada na publicidade e na propaganda, xa que os feitos non avalan o que a Xunta di e promete”.

En resposta a unha comparecencia da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o portavoz de Territorio do PSdeG, Xosé Sánchez Bugallo lembrou “un decreto do 8 de abril que orzamenta 3,5 millóns de euros para rehabilitación de vivendas no rural e medio millón para as ubicadas nos Camiños de Santiago, cando o propio Feijóo falou de 250.000 vivendas con necesidades de rehabilitación no rural galego”.

“En rehabilitación, pasamos de 75 millóns orzamentados no 2009 cunha execución do 75%, a 22 millóns orzamentados no 2013 con só un 1% executado; en total, a Xunta de Feijóo orzamentou para esta partida 230 millóns de euros, dos que deixou 150 sen executar”, afirmou o socialista.

Bugallo manifestou tamén que “Galicia está á cola de España en vivenda protexida, pasando de 13.000 construídas entre 2004 e 2008, o 7% do total estatal, a 84 vivendas en 2014, o 0,5% do total”. O socialista engadiu que “houbo máis de 17.000 desafiuzamentos con este goberno”.

“Fixeron coa vivenda o mesmo que co chan industrial, orzamentaban cousas que despois non cumprían; a súa política de vivenda non é máis que publicidade nos xornais de medidas e plans estratéxicos que despois non desenvolven”, rematou o deputado socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar