Os socialistas galegos consideran “inservible, inexecutable e xuridicamente insegura” a Lei de estradas impulsada polo Partido Popular

Os socialistas galegos consideran “inservible, inexecutable e xuridicamente insegura” a Lei de estradas impulsada polo Partido Popular

Os socialistas galegos consideran “inservible, inexecutable e xuridicamente insegura” a Lei de estradas impulsada polo Partido Popular

Raúl Fernández Pleno 250613 webOs socialistas galegos aseguraron hoxe no Parlamento que “a Lei de Estradas impulsada polo Partido Popular é inservible, inexecutable e xuridicamente insegura”.

Na elaboración do ditame en comisión sobre a proposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013 de Estradas de Galicia, o portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, manifestou que este cambio supón en realidade unha “emenda á totalidade” ao texto do goberno.

O deputado socialista criticou que o propio PP lle presente 41 emendas a unha Lei que eles aprobaron e que fora presentada hai un ano e cinco meses polo goberno que eles mesmos sustentan.

A proposición de Lei do PP confirma que “segue a dar bandazos e pon en ridículo a política levada a cabo polo conselleiro Hernández”. Ademais, ratifica que a Lei presentada polo entón conselleiro viña supoñer unha “cortina de fume” para tapar a súa falla de xestión e a falla de investimento e un texto dirixido a “engordar a irrelevante estatística da acción administrativa”.

Ademais, Fernández criticou que o propio PP “volve errar nesta modificación” ao optar por cambiar a Lei dende o Grupo Parlamentario, esquivando os informes preceptivos que teñen que aportar as leis presentadas dende o goberno, como é o caso do informe xurídico, “fundamental para garantir a legalidade das modificacións”.

Tamén renuncia ás aportacións e achegas do resto das institucións, como o propio Consello Económico e Social, dos entes sociais, das administracións locais, directamente afectadas por esta Lei, ou das restantes forzas políticas.

Esta emenda ao traballo lexislativo do goberno galego tan só é unha mostra mais dunha consellería “inútil e irrelevante para resolver os problemas dos galegos e das galegas”, a pesares de aglutinar “abondosas competencias” en materia de medio ambiente, territorio, urbanismo, solo industrial, vivenda, transporte ou infraestruturas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar