Os socialistas galegos, con 38 representantes na Conferencia Política do PSOE, priorizarán a defensa do Estado do Benestar

Os socialistas galegos, con 38 representantes na Conferencia Política do PSOE, priorizarán a defensa do Estado do Benestar

Os socialistas galegos, con 38 representantes na Conferencia Política do PSOE, priorizarán a defensa do Estado do Benestar

O PSdeG contará con 26 delegados e delegadas participantes en Madrid, máis os 12 membros natos da Federal, no maior proceso de renovación que afronta un partido político en España

Os textos a debater esta fin de semana incorporaron xa 222 enmendas aportadas desde as agrupacións galegas, ás que hai que engadirlles decenas enviadas por militantes ou cidadáns de xeito particular

Os membros da delegación galega reuniranse esta tarde na sede de Santiago para ultimar a coordinación e marcar as liñas prioritarias na Conferencia

Conferencia PolíticaO PSOE celebra esta fin de semana en Madrid a súa Conferencia Política, o maior proceso de renovación que afronta un partido en España. Os socialistas levan traballando oito meses en diálogo aberto coa sociedade e dentro do partido para esta cita da que nacerá o novo proxecto político “para conectar coa maioría da cidadanía, que é progresista, e volver a ser o seu partido de referencia”. Neste contexto, os socialistas galegos priorizarán a defensa dos servizos públicos e o Estado de Benestar cunha representación de 26 delegados e delegadas participantes nos diálogos e comisións de traballo, que foron elixidos no Congreso Nacional do 29 de setembro en Santiago, máis os 12 membros natos galegos na Federal. Desde as provincias enviarán tamén 26 convidados como observadores.

Os membros da delegación galega reuniranse esta tarde na sede de Santiago de Compostela para ultimar a coordinación e marcar as liñas prioritarias e de participación na Conferencia. Nos textos que serán debatidos en Madrid están xa incorporadas 222 enmendas aportadas desde as agrupacións socialistas galegas durante estes meses, ás que hai que sumarlles decenas rexistradas por militantes e cidadáns de xeito particular nun proceso aberto a toda a cidadanía. Tanto as enmendas das agrupacións como as particulares foron enviadas a través dun portal de internet directamente á organización da Conferencia en Madrid.

Galicia preside a Comisión de Estado de Benestar
Galicia terá o sábado a presidencia da comisión de traballo de Estado de Benestar, que asumirá a deputada Laura Seara por decisión do secretario xeral. José Ramón Gómez Besteiro, pola súa banda, participará a mesma xornada na comisión de Economía e Emprego, na que o PSdeG defenderá un modelo de crecemento contra o desemprego, cos últimos datos moi preocupantes nos que Galicia ten un comportamento aínda peor que o resto do Estado, a importancia dos seus sectores produtivos e do peche de ciclos, dunha política industrial seria a longo prazo e da necesidade de afrontar e meter na axenda do Estado o despoboamento, un dos problemas prioritarios para Galicia que é compartido con outras comunidades.

O resto da delegación repartirá tamén a súa participación nestas dúas comisións de traballo, ademais das de Unión Europea e Reformas Políticas e a de Modelo de Partido, na que Galicia aportará a súa experiencia como primeira comunidade na que o secretario xeral foi elixido directamente pola militancia. A delegación, na que cada representante asumirá o seu desprazamento desde Galicia e a estancia en Madrid, tamén estará presente nos Diálogos sobre Laicidade, Reforma Local, Medio Ambiente e Economía e Emprendemento.

Os 26 delegados e delegadas do PSdeG elixidos no Congreso do 29 de setembro en Santiago son Alfonso Parada Fernández, Antolín Sánchez Presedo, Catalina García Blanco, Emilio Vázquez Blanco, Fe Álvarez Sánchez, Guillermo Meijón Couselo, Isaura Abelairas Rodríguez, Jaime Aneiros Pereira, José Tomé Roca, José Clemente López Orozco, José Manuel Gallego Lomba, José Ramón Rey Couselo, Laura Seara Sobrado, Luis Vázquez Rodríguez, Luis Fermín Rodríguez Vázquez, María Loureiro García, Pilar García Porto, Miguel Fidalgo Areda, Milagros Lores Torres, Mónica Vázquez Blanco, Natividad González Laso, Raúl Fernández Fernández, Rosa Méndez Fonte, Santos Héctor Rodríguez Díaz, Silvia González Pereira e Xosé Antón Sánchez Bugallo.

A este nomes hai que engadirlles os dos membros natos da Federal, que son, ademais do secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, Marisol Soneira Tajes, Mar Barcón Sánchez, Beatriz Sestayo Doce, José Blanco López, Ricardo Varela Sánchez, Manuel Vázquez Fernández, María Quintas Álvarez, Carmela Silva Rego, Pablo García García, Elena Espinosa Mangana e Antón Louro Goyanes, ademais dos observadores que acudirán como convidados desde as agrupacións provinciais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar