OS SOCIALISTAS GALEGOS APOSTAN POR “ROMPER A CAMPAÑA CON PROPOSTAS SERIAS” E PRESENTAN UN DECÁLOGO DE IMPULSO ECONÓMICO PARA GALICIA

OS SOCIALISTAS GALEGOS APOSTAN POR “ROMPER A CAMPAÑA CON PROPOSTAS SERIAS” E PRESENTAN UN DECÁLOGO DE IMPULSO ECONÓMICO PARA GALICIA

OS SOCIALISTAS GALEGOS APOSTAN POR “ROMPER A CAMPAÑA CON PROPOSTAS SERIAS” E PRESENTAN UN DECÁLOGO DE IMPULSO ECONÓMICO PARA GALICIA

Os socialistas galegos apostaron hoxe por “romper a campaña con propostas serias”, polo que presentaron en Santiago un decálogo de impulso económico para Galicia dirixido ao goberno central.

En rolda de prensa, a candidata número 1 ao Congreso pola Coruña, Pilar Cancela, e o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, expresaron o seu desexo de “introducir un debate serio sobre contidos para falar do que Feijóo non fixo, máis preocupado pola súa carreira en Madrid que por defender a Galicia”.

Leiceaga presentou as cinco primeiras demandas ao goberno central, que son a revisión inmediata do modelo de financiamento autonómico; a reforma da Lei de Estabilidade Orzamentaria e a reforma do Fondo de Liquidez Autonómica; a transformación e reforzo do Fondo de Compensación Interterritorial; o reforzamento do nivel competencial de Galicia, e medidas para o sector enerxético (Alcoa).

No relativo ás competencias, os socialistas galegos consideran prioritarias “as transferencias de tráfico e policía autonómica, a da inspección de traballo e a da AP-9”. Para o novo modelo de financiamento autonómico, Leiceaga propón “o incremento das ponderacións das variables de dispersión e avellentamento”.

Pola súa Parte, Cancela presentou as outras cinco demandas, centradas no desenvolvemento rural, agricultura e pesca; sector naval; infraestruturas; cultura e lingua, e medio ambiente. Á marxe das propostas en concreto, demandou “un maior diálogo da administración cos representantes de sectores estratéxicos para Galicia”.

“Nun sector como o lácteo, pedimos a incorporación de garantías de cumprimento do acordo lácteo a través dun réxime sancionador, definir prezos sostibles, establecer un novo contrato tipo e crear a figura obrigatoria do mediador”, engadiu a candidata ao Congreso.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar