Os socialistas galegos apoian unha campaña a nivel europeo contra a reforma da Lei do Aborto do PP e en defensa dos dereitos das mulleres

Os socialistas galegos apoian unha campaña a nivel europeo contra a reforma da Lei do Aborto do PP e en defensa dos dereitos das mulleres

Os socialistas galegos apoian unha campaña a nivel europeo contra a reforma da Lei do Aborto do PP e en defensa dos dereitos das mulleres

O grupo parlamentario presentou unha proposición non de Lei e as agrupacións locais impulsarán mocións para que o 1 de febreiro sexa o ‘Día Europeo dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos das Mulleres’

Besteiro e José Blanco deron comezo á recollida de sinaturas e a iniciativa chegará ás redes sociais

Os socialistas galegos apoian unha campaña a nivel europeo para loitar contra a reforma da Lei do Aborto do Partido Popular e pedir que o Parlamento da UE declare o 1 de febreiro Día Europeo dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos das Mulleres.
Todas as agrupacións locais do PSdeG xa recibiron o material da Secretaría de Igualdade dos socialistas galegos para instalar mesas informativas e organizar unha recollida de firmas, que comezaron onte en Ferrol o secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro, José Blanco e Ramón Jauregui.
Nos vindeiros días seguirán recolléndose sinaturas por toda Galicia e está previsto levar a iniciativa tamén ás redes sociais para facilitar o acceso á cidadanía, así como aos concellos coa presentación de mocións de apoio aos dereitos e á liberdade das mulleres.
Esta campaña do partido europeo impulsada polos socialistas españois engádese á presentación dunha proposición non de Lei no Parlamento de Galicia, na que o grupo do PSdeG pide que “en todos os Estados membros da Unión Europea o principio de igualdade de oportunidades e a xustiza social se garantan, así como tamén o acceso á información imparcial, á educación sexual de nenas e nenos, á asistencia médica, incluíndo o aborto, e ás infraestruturas médicas”.
No texto da proposición non de Lei e da moción que se presentará nos concellos, os socialistas consideran que “a sociedade española non quere a lei proposta polo PP, non entende este cambio cara atrás e é rexeitada por unha amplísima maioría”.
Por este motivo, os socialistas de toda Europa demandarán que “o Parlamento Europeo declare o día 1 de febreiro como o Día Europeo dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, en conmemoración da gran mobilización que tivo lugar en Madrid en defensa da liberdade das mulleres e en contra do anteproxecto de Lei do aborto do PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar