Os socialistas galegos apoian os dereitos das mulleres rurais, “moi prexudicadas polas políticas da dereita”

Os socialistas galegos apoian os dereitos das mulleres rurais, “moi prexudicadas polas políticas da dereita”

Os socialistas galegos apoian os dereitos das mulleres rurais, “moi prexudicadas polas políticas da dereita”

executivaOs socialistas galegos amosan hoxe, no Día Internacional das Mulleres do Medio Rural, o seu compromiso na loita pola igualdade. O PSdeG apoia e comparte o manifesto difundido desde Ferraz (ao final do comunicado).

Eva Martínez, secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG, lamenta que “o desmantelamento dos servizos públicos afecte directamente ao medio rural dunha forma, se cabe, máis dramática”, o que está provocando que as mulleres teñan que abandonar os seus postos de traballo para adicarse ao coidado dos seus fillos.

“A case desaparición da Lei de Dependencia, a reforma laboral e os recortes sanitarios fixeron que moitas mulleres do rural galego tiveran que volver ás súas casas, esas poucas que conseguiran entrar no mercado laboral con todos os seus dereitos”, lembra Martínez.

A secretaria de Igualdade do PSOE na Executiva de Pedro Sánchez, Carmen Montón, estará o venres en Galicia. Pola mañá, manterá un encontro coas mulleres da asociación A Torre de Vilalba e posteriormente visitará, xunto a Eva Martínez, una explotación gandeira dirixida por una muller.

“As mulleres do medio rural necesitan máis formación e políticas activas de emprego, necesitan o Estado do Benestar que nos roubaron e que os socialistas nos comprometemos a volver poñer en marcha”, engade Martínez.

Manifesto do PSdeG-PSOE polo
DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES DO MEDIO RURAL

As mulleres que viven no medio rural adicáronse ao coidado durante moitos anos, ese rol é o que mellor as definiu nun pasado. Coidaban dos fillos e fillas, da familia. Eran especialistas no coidado do fogar, pero non o esquezamos, tamén no coidado do campo.

Nos últimos anos as mulleres do mundo rural racharon os moldes e volvéronse pezas claves na vida dos seus pobos. Falamos de mulleres emprendedoras, de mulleres que se asociaron e que cada vez máis participan na vida municipal. De mulleres do século XXI sen nada que envexar ás que viven nas cidades, e nos atrevemos a dicir, con moito que ensinar sobre avanzar no camiño da igualdade.

As cousas foron cambiando nas últimas décadas, de forma máis lenta de como nos tería gustado, pero cambiaron. Aínda que moitas se tiveron que ir dos seus pobos á cidade, buscando traballo e liberdade, as estatísticas dinnos que esa tendencia está a tender a normalizarse e xa non saen buscando o que non atopan no mundo rural.

Afortunadamente, as mulleres no noso país, e iso inclúe ás que viven no medio rural, non son o que eran por moito que outros se empeñen no contrario. Hai conquistas ás que as mulleres non están dispostas a renunciar e así o demostraron ante o intento máis brutal de quitarlles os seus dereitos, como o foi a reforma do aborto de Rajoy.

O desmantelamento dos servizos públicos afecta directamente ao medio rural dunha forma, se cabe, máis dramática. A desaparición de ambulatorios, colexios, gardarías, comedores e rutas escolares, fai cada vez máis difícil a vida neste ámbito e está a provocar a desaparición de moitos pobos.
A crise está a ser usada polo PP como coartada para eliminar dereitos sociais, laborais e individuais.

A case desaparición da Lei de dependencia, a reforma laboral e os recortes sanitarios fixeron que moitas mulleres volvan ás súas casas, esas poucas que conseguiran entrar no mercado laboral con todos os seus dereitos. Porque as políticas do PP afectaron directa e negativamente ás mulleres e de forma especial ás que viven en zonas rurais. Hoxe as mulleres e as súas familias son máis pobres.

Pero ademais, debemos ter claro que non existe a “muller do mundo rural”, senón moitas “mulleres do mundo rural” porque a diversidade é un feito: empezando polo propio territorio e o tamaño do municipio onde vivan, pola súa formación, pola súa condición sexual ou a súa idade. Debemos ter presentes as mulleres que teñen alguna minusvalidez, ás que son inmigrantes. A todas elas, porque elas son aínda máis vulnerables.

No mundo rural os recortes impostos pola dereita fanse máis visibles e aínda se farán moito máis cando a Reforma da Administración Local estea desenvolvida ao cen por cen. Porque esta é unha reforma que afecta especialmente ás mulleres, dado que rematará con todos os servizos municipais relacionados coa promoción e protección da muller, desaparecerán os programas de atención ás mulleres, os puntos de información, os pisos de acollida para mulleres maltratadas, ou os programas de recuperación para vítimas de violencia de xénero. Xorde a pregunta e a denuncia de forma automática: E as mulleres que viven en pequenos municipios e lonxe das grandes cidades, que farán?

Debemos unir a esta análise o feito fundamental de que as mulleres que viven no mundo rural, a maioría delas son maiores, viúvas, pensionistas, e viven soas, polo que os servizos de proximidade son vitais para elas. A xestión da crise cos seus recortes e derogamentos encubertos ten feito que as mulleres maiores que viven nestas zonas estean en grave risco de exclusión e pobreza, senón o están xa.

A saída da crise debe pasar polo desenvolvemento do medio rural dunha forma sostible, e iso inclúe a igualdade. Para iso traballaremos, para que a Lei de titularidade compartida sexa unha realidade e desenvólvase ao completo, unha lei que fixemos os e as socialistas, e da que estamos orgullosos porque era una reivindicación histórica das organizacións de mulleres do mundo rural. Unha lei que por primeira vez recoñece o traballo destas mulleres e outórgalles o 50% dos dereitos da explotación familiar.

Traballamos por un desenvolvemento que aposte polas mulleres emprendedoras, para que a economía rural incorpore as novas tecnoloxías e as novas canles de comercialización que ofrece hoxe en día a rede. As mulleres do medio rural necesitan máis formación e políticas activas de emprego, necesitan o Estado do Benestar que nos roubaron e que nos comprometemos a volver poñer en marcha. Un Estado que garanta os servizos sociais, a sanidade universal e gratuíta, a educación. E a igualdade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar