Os socialistas galegos apoian e eloxian a “superación e o esforzo” dun grupo de enfermos de Párkinson que fixeron o camiño de Santiago

“Foi emocionante, teñen a satisfacción de demostrar que puideron”, asegura a portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Acuña

Un grupo de persoas enfermas de Párkinson chegaron a Santiago despois de facer o Camiño desde Ourense. Na praza do Obradoiro, contaron co apoio dos socialistas galegos, que quixeron estar presentes nun momento tan especial.

En concreto, foron 13 persoas, xunto a un grupo de fisioterapeutas, as que fixeron o Camiño de Santiago. “Foi un momento moi emocionante, é unha proba de superación e chegar a Compostela provocoulles unha satisfacción enorme”, asegura Carmen Acuña, portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, que estaba hoxe no Obradoiro coa secretaria de Sanidade do PSdeG, Isabel Rodríguez.

Entre os participantes, había persoas de entre 45 e 65 anos. Percorreron un total de 108 quilómetros e pertencen a varias asociacións de enfermos de Párkinson de toda España. Hoxe pola mañá, remataron a súa aventura na Catedral de Santiago.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar