Os socialistas farán unha intensa campaña de información sobre a devastadora reforma laboral

Os socialistas farán unha intensa campaña de información sobre a devastadora reforma laboral

Os socialistas farán unha intensa campaña de información sobre a devastadora reforma laboral


Os parlamentarios socialistas Laura Seara e Miguel Fidalgo cualificaron hoxe de “devastadora” a reforma laboral, que constitúe “un ataque directo aos traballadores” e que “acabará dun plumazo cos dereitos acadados polos traballadores durante 35 anos”.

Seara avanzou que o Partido Socialista levará a cabo na nosa provincia unha intensa campaña de información aos cidadáns, manterá reunións de traballo cos axentes sociais e económicos ourensáns que comezan esta mesma tarde, e mobilizacións como a manifestación do vindeiro domingo de Entroido.

Explicou que os socialistas están estudando polo miúdo a reforma, e no caso de encontrar algún viso de inconstitucionalidade acudirán ao Tribunal Supremo, porque esta reforma racha completamente o equilibrio que sempre caracterizou a todas as reformas laborais feitas no noso país.

Dixo que por primeira vez unha das partes, a patronal “está aplaudindo coas orellas”, mentres que a outra queda totalmente indefensa ante unhas medidas “que abaratan o despido pero non a contratación, o que contraerá o consumo e en ningún caso suporá un impulso para a economía”.

Seara incidiu en que os despidos de indefinidos pasan de 45 a 33 días, e que as empresas poderán despedir con 20 días aínda que teñan beneficios pero que diminuíran os seus ingresos nos últimos 9 meses, o que dada a situación da economía española “non é difícil”.

Sobre o contrato de emprendedores dixo que é “un enorme monumento á precariedade laboral”, xa que propón un ano como período de proba con despido libre e gratuíto e sen ningún tipo de garantía de continuidade

Ademais recordou manifestacións do PP cando Cospedal, cunha palestina ao colo, dicía que era “o partido dos traballadores” e que se non o facían os sindicatos “estaría o PP para defender os seus dereitos”, manifestacións que cualificou de “sarta de tonterías” como demostra o feito de que agora fagan todo o contrario.

Neste sentido o senador Miguel Fidalgo dixo que “o PP entrou como un elefante nunha cacharrería rompendo o equilibrio entre sindicatos e patronal”, e pretendendo volver “á época do sindicato vertical do franquismo”.

Fidalgo considera moi grave que se instauren novas causas de despido procedente, causas que antes improcendentes, e que incluso unha previsión de perda de ventas poida servir para un despido procedente.

Sinalou que cambia o sistema polo que se rexen as PEMEs, todas as empresas da nosa provincia, e os traballadores terán menos dereitos, permítese á empresa cambiar as condicións laborais, o salario, os horarios, e mesmo o lugar de traballo por razón organizativas ou técnicas, mentres que ao mesmo tempo os fondos de dereito de desemprego pasan ás empresas.

Así, apuntou que “o PP quere que España compita baixando os salarios, pero España terá que competir por outra razón”, e con respecto á indemnización por despido puxo como exemplo o despido dun traballador que cobra 1.000 euros: antes podía cobrar ata 42.000 euros, e agora cobrará como máximo 12.000 euros.

Por último afirmou que “o PP usa a crise para facer reformas que están no seu estómago”, e que esta reforma é posible tanto “polas persoas que libremente votaron ao PP” como polas persoas que o día das eleccións “quedaron na casa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar