Os socialistas farán da loita contra a pobreza a prioridade política do vindeiro Parlamento Europeo

Os socialistas farán da loita contra a pobreza a prioridade política do vindeiro Parlamento Europeo

Os socialistas farán da loita contra a pobreza a prioridade política do vindeiro Parlamento Europeo

Así llo trasladaron Pilar Cancela, Iván Puentes e José Blanco aos membros da Rede Galega contra a Pobreza, nun encontro mantido esta tarde en Santiago

O Partido Socialista fará da loita contra a pobreza a prioridade da política europea. Nunha reunión esta tarde coa directiva de EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, a secretaria de Organización, Pilar Cancela, o secretario de Dereitos Cidadáns e Movementos Sociais, Iván Puentes, e o candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo José Blanco expuxeron 30 medidas que os socialistas europeos defenderán no Europarlamento para combater a pobreza.

Segundo sinalaron os representantes do PSdeG, as vindeiras eleccións son claves para frear e dar a volta a unha dinámica destrutiva marcada pola austeridade imposta pola maioría conservadora europea e que asfixiou a posibilidade de crecemento e creación de emprego.

Os representantes da Rede Galega contra a Pobreza e os do PSdeG coincidiron na necesidade dunha resposta máis enérxica contra o dramático aumento do desemprego, frear os recortes de dereitos e os ataques ao modelo social e abrir novas oportunidades de futuro á xeración moza.

Os representantes do PSdeG expuxeron ata 30 medidas que os socialistas europeos porán en marcha se gañan as eleccións, medidas en tres ámbitos de actuación: loita contra a desigualdade, emprego e fiscalidade.

No primeiro ámbito, os socialistas debullaron ata 15 medidas, comezando pola adopción dun Plan Europeo contra a Pobreza que sitúe o obxectivo de redución da pobreza e da integración social e laboral dos grupos en risco de exclusión no centro do debate político do Parlamento Europeo. Este compromiso abarcará de xeito especial a redución da pobreza infantil.

Os tres representantes do PSdeG concretaron, entre outras medidas, o compromiso de dotar de máis presuposto para os bancos de alimentos, o establecemento dun mínimo social en canto ao gasto social dedicado nos orzamentos públicos, a creación de indicadores sociais vinculantes, a creación gradual dunha renda mínima de inserción e que as políticas sociais deixen de ser empregadas como mero instrumento de axuste e requisito de saneamento presupostario e se convertan en verdadeiras políticas europeas.

Asemade, expuxeron a necesidade de impulsar un seguro europeo de desemprego, que permita evitar unha degradación excesiva dos sistemas nacionais de protección social, e ao mesmo tempo, reforzar a sustentabilidade da Unión Económica e Monetaria ao servir como estabilizador automático; unha verdadeira política europea de vivenda social que sirva para combater as novas formas de pobreza que afectan á clase media e traballadora; un marco europeo de salarios mínimos para acabar coa pobreza laboral; a aposta pola economía social e a creación de cooperativas a escala nacional e europea ou a adopción de compromisos vinculantes de investimento en materia de educación pública de calidade, así como a ampliación do permiso de maternidade a 18 semanas e a inclusión dun permiso de paternidade independente.

Entre as medidas expostas polos socialistas, tamén se atopa o impulso dun plan europeo contra a brecha salarial entre mulleres e homes, o impulso da directiva europea de igualdade de trato para loitar contra toda clase de discriminación; o avance na recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade, a través da adopción dunha vez da Acta Europea de Accesibilidade para adaptar as políticas da UE á Convención das Nacións Unidas neste ámbito.

Complementariamente ao anterior, os tres representantes do Partido Socialista lembraron os compromisos na loita contra o desemprego, destacando medidas a impulsar como o Pacto Europeo polo Emprego –no que se inclúe unha nova recapitalizaión do BEI por 10.000 millóns de euos-; un plan de investimento europeo equivalente ao 1% do PIB para incrementar a capacidade innovadora e competitiva da economía europea; unha nova aposta industrial para aumentar un 25% o peso industria de base manufactureira; a implantación dunha Garantía Xuvenil dotada con 21.000 millóns de euros; fortalecer o Fondo Social Europeo para os parados de longa duración maiores de 45 anos.

A fixación dun marco europeo de salarios mínimos; o impulso dunha estratexia europea conta o dumping social e o establecemento dun Pilar Social dentro da UE que poña os dereitos sociais ao mesmo nivel que as liberdades económicas, un estabilizador automático que desemboque nun seguro europeo de desemprego; e a adopción de programas de reestruturación da débeda das familias e as empresas figuran tamén como compromisos a nivel europeo.

Finalmente, no ámbito da fiscalidade, os socialistas expuxeron os compromisos para a posta en marcha da taxa de transaccións financeiras e do imposto de grandes fortunas, a prohibición das amnistías fiscais, a adopción dunha base común do imposto de sociedades e a limitación das remuneracións de directivos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar