Os socialistas fan un chamamento “para que as mulleres vítimas do machismo rachen co silencio” e lamentan que para o PP “a igualdade non sexa unha prioridade”

Os socialistas fan un chamamento “para que as mulleres vítimas do machismo rachen co silencio” e lamentan que para o PP “a  igualdade non sexa unha prioridade”

Os socialistas fan un chamamento “para que as mulleres vítimas do machismo rachen co silencio” e lamentan que para o PP “a igualdade non sexa unha prioridade”

RoldaO Partido Socialista de Galicia fixo hoxe un chamamento “para que as mulleres vítimas da violencia machista rachen co silencio” e lamenta que para o Partido Popular “a igualdade non sexa unha prioridade”.

O PSdeG presentou en Santiago a campaña Non o mereces. Denuncia. Chama o 106, nunha rolda de prensa con Pilar Cancela, secretaria de Organización; Eva Martínez, secretaria de Igualdade da Executiva galega, e Carmen Acuña, portavoz de Igualdade no Parlamento. Posteriormente, mantiveron unha reunión con colectivos de mulleres que defenden a igualdade no ámbito da xustiza; o Observatorio de Igualdade da Coruña; Teenses pola Igualdade; responsables de casas de acollida; concelleiras do PSdeG; Fademur, e Mulleres Rurais de UXT.

Cancela amosou en primeiro lugar a súa satisfacción pola retirada da reforma do aborto, “o que deixa claro que a mobilización da cidadanía e do movemento feminista ten os seus froitos, á marxe de que a ideoloxía queda nun segundo plano no PP cando os datos das enquisas adiantan problemas electorais”.

Os socialistas aseguran que “as políticas da dereita esnaquizan a igualdade e Feijóo amosa o seu cinismo coas mulleres ao dar un discurso ante os medios de comunicación e facer o contrario no Parlamento e os orzamentos”. Hoxe pola mañá, o PP votou en contra de que a Cámara galega solicitase a retirada do recurso ante o Constitucional sobre a Lei do aborto de 2010.

En opinión de Eva Martínez, “os recurtes do Partido Popular nos levan a unha realidade moi preocupante, con 41 mulleres asesinadas no que vai de ano en España, seis delas en Galicia”. Ademais da campaña, o PSdeG porá en marcha unha comisión de traballo con colectivos que loitan polos dereitos da muller.

“Temos que insistir na prevención e na educación, e loitar para recuperar as partidas nos orzamentos que reduciu o PP”, apuntou Martínez, que lembrou “o incremento de vítimas que non presentaran denuncia previa, por iso é importante esta campaña”. Os socialistas repartirán dípticos e pegatinas en todos os concellos galegos.

Por último, Carmen Acuña manifestou que a comisión de estudo da violencia de xénero no Parlamento “quedou en nada pola falta de interese do PP”. “O grupo parlamentario que representa ao Partido Popular está do lado do ministro Gallardón”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar