Os socialistas esixen da Xunta que asuma as axudas á subsidiación de préstamos de vivenda protexida que vén de retirar o Goberno con carácter retroactivo

Os socialistas esixen da Xunta que asuma as axudas á subsidiación de préstamos de vivenda protexida que vén de retirar o Goberno con carácter retroactivo

Os socialistas esixen da Xunta que asuma as axudas á subsidiación de préstamos de vivenda protexida que vén de retirar o Goberno con carácter retroactivo

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, alerta das consecuencias desta medida para as modestas economías das familias titulares de vivenda protexida

O decreto lei 20/12 de 13 de xullo, e a lei 4/2013 de 4 de xullo xa foron recorridos ante o Constitucional

O IGVS di non ter datos fiables, pero recoñece 4000 cualificacións de expedientes que poderían estar afectados

A directora do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Teresa Gutiérrez, cifrou en 4.000 os e as titulares de vivenda protexida que se viron afectados tanto polo Real Decreto Lei 20/12 de 13 de xullo, que suprimía en virtude do seu artigo 35 a supresión da concesión de axudas de subsidiación de préstamos do Plan Estatal de Vivenda 2009-2012 como pola Lei 4/2013 de 4 de xullo, de medidas de Flexibilización e Fomento do Mercado de Aluguer de Vivenda, que suprime e deixa sen efectos estas mesmas axudas dentro do marco dos plans estatais de Vivenda desde 2002.

Esta referencia numérica ten como fonte as cualificacións dos expedientes realizada polo IGVS e remitida ao ministerio de Fomento, encargado da concesión definitiva das axudas.

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A.Sánchez Bugallo, ven de preguntar en comisión parlamentaria polos afectados por estas dúas disposicións lexislativas que, a xuízo dos socialistas, “son inconstitucionais e, de feito, tense presentado recurso”, que está pendente de resolución.

O Parlamentario socialista recriminou á responsable de Vivenda da Xunta que non se tivera acceso a un censo de afectados máis concreto desde o Goberno galego, alegando que se trata de axudas do ministerio, pois, “en realidade se trata dunha competencia exclusiva” da Comunidade Autónoma.

Apelando precisamente ao feito de que Vivenda é unha competencia exclusiva da Xunta, Sánchez Bugallo recordou á directora do IGVS que estas axudas a subsidiación de xuros por Fomento eran unha inxerencia na devandita competencia, é, polo tanto, propuxo que o Goberno galego “manteña a totalidade das axudas para a subsidiación de préstamos”, incluídas as renovacións previstas para todos aqueles que a tivesen concedida con anterioridade ao 14 de xullo de 2012.

O parlamentario do PSdeG denunciou que as familias que teñen accedido ás axudas verán como estas non se renovan en canto remate o prazo inicial de cinco anos, malia que, segundo as condicións coas que accederon á compra da vivenda, as axudas eran “renovables automaticamente ao seguir cumprindo cos requisitos das axudas”.

Advirte que as familias afectadas “irán vendo como, ao cumprirse o prazo, perderán a axuda do Plan Nacional de Vivenda e as súas hipotecas experimentarán subas de entre o 30 e o 60 por cento”. Sinala que “trátase de vivendas protexidas, e polo tanto de familias modestas que verán como teñen que sumar a suba inesperada das cotas hipotecarias aos problemas derivados da crise económica”.

O responsable socialista explicou tamén que as familias pendentes da concesión das axudas quedarán sen elas, mesmo no caso das vivendas que actualmente están en construción.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar