Os Socialistas Españois no Parlamento Europeo piden á ministra de Fomento que apoie o financiamento en infraestruturas

Os Socialistas Españois no Parlamento Europeo piden á ministra de Fomento que apoie o financiamento en infraestruturas

Os Socialistas Españois no Parlamento Europeo piden á ministra de Fomento que apoie o financiamento en infraestruturas

Reclaman, ademais, que se inclúa o Porto de Vigo e o eixe ferroviario transversal Castejón-Logroño-Miranda de Ebro

Os eurodeputados socialistas, Inés Ayala, membro da comisión de Transportes, e Antolín Sánchez Presedo, reuníronse hoxe no Parlamento Europeo coa ministra de Fomento, Ana Pastor, para debater o estado das negociacións sobre as Redes Europeas de Transporte.

Durante o encontro coa ministra, Antolín Sánchez Presedo, reiterou o esforzo dos socialistas españois para conseguir o apoio da Eurocámara para que "Vigo ocupe un lugar fundamental na definición do mapa dos eixes de transporte europeos".

Neste sentido, Sánchez Presedo interesouse polas negociacións no seo do Consello para a inclusión de Vigo como porto nodal da Rede Transeuropea de Transporte. O eurodeputado insistiu en que "a batalla non rematou e o bo resultado depende, en boa medida, do papel que desempeñe o noso Goberno nas discusións que se están a levar a cabo", concluíu.

Inés Ayala destacou a "contradición" do Goberno español, ao pedir máis infraestruturas en Bruxelas mentres recorta os presupostos nacionais. "O traballo que facemos na Eurocámara non prosperará se dende o Executivo español a mensaxe que chega a Bruxelas é o de recortes e restricións en infraestruturas".

A eurodeputada recordou que " aínda que a Eurocámara logro completar en parte a proposta inicial da Comisión Europea e do Consello, aínda quedan demandas importantes para rematar de perfilar a aposta española a favor dun transporte e unha loxística competitivos e sostibles, que xeren emprego e desenvolvemento. "Por iso -asegurou- defendemos a inclusión do porto de Vigo como plataforma loxística e referente para as futuras autoestradas do mar, así como o Eixe ferroviario transversal Castejón-Logroño-Miranda, sen esquecer os traballos preparatorios para a Travesa central pirenaica,".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar