Os socialistas esixirán a derrogación do taxazo de Gallardón

Os socialistas esixirán a derrogación do taxazo de Gallardón

Os socialistas esixirán a derrogación do taxazo de Gallardón

Os socialistas proporán no Pleno da Cámara autonómica que o Parlamento de Galicia inste ao Goberno galego a dirixirse ao Goberno de España para que derrogue inmediatamente a Lei de Taxas Xudiciais. Tamén esixirá que, de xeito subsidiario, a Xunta adopte as medidas necesarias para excluír ás persoas físicas como suxeitos obrigados ao pago das taxas e para que se garanta que ninguén quede vedado ou limitado no acceso á xustiza por non poder facer fronte ao pago das taxas.

Así o adiantou, en rolda de prensa a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, que define a lei de Gallardón como “unha das máis reaccionarias da historia da democracia”. Para a deputada ferrolá, “o PP leva unha folla de ruta inequívoca de agresións aos cidadáns nos recortes dos dereitos fundamentais”. Esta folla de ruta vai acompañada doutra folla de ruta que recorta ou imposibilita as vías de defensa fronte os ataques á defensa xudicial, vulnerando o dereito á tutela xudicial efectiva.

Sestayo acusa aos populares de ser “o partido que máis se lle enche á boca coa Constitución e é o partido que máis a pisotea”. A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista condena que o “taxazo xudicial” distinga entre “xustiza para ricos e para pobres” unha división que inflúe nas brechas sociais que está a abrir un Partido Popular “crecido”. Ironizou co feito de que o ministro Gallardón ven de conseguir o que ninguén foi capaz na democracia, unir a toda a xudicatura contra dunha lei que é 2un símbolo de todo o que está a pasar na Xustiza”.

Para a socialista o seguinte paso é a privatización. Así referiuse ao Presidente do Goberno como “o rexistrador Rajoy”, para acusalo da “deriva privatizadora dos rexistros civil e mercantil”.

A cidadanía está cada vez máis desamparada, denuncia Sestayo, polo que os socialistas van adoptar unha postura combativa desde o primeiro pleno da lexislatura, “en total sintonía” coa plataforma Xustiza para Todos que esixe a derrogación da reforma de Gallardón.

Os socialistas consideran que o contido da lei que regula as taxas no ámbito da Administración de Xustiza constitúe unha mostra máis do desmantelamento dos servizos públicos esenciais, cuestionando ademais o exercicio dos dereitos fundamentais. Critican o procedemento rápido empregado para aprobala e que non se tivera en conta ningunha emenda.

Para o PSdeG-PSOE esta lei ten un efecto recadatorio que choca frontalmente coa tutela xudicial efectiva consagrada no art.24 da Constitución e tilda de gravísima o seu efecto disuasorio. Sestayo conclúe que o PP por unha banda recorta dereitos fundamentais que considerábamos consolidados e por outra limitan ou imposibilitan o acceso á Xustiza para poder defender tales dereitos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar