Os socialistas esíxenlle ao Goberno que paralice a privatización do servizo de esterilización do Sergas

Os socialistas esíxenlle ao Goberno que paralice a privatización do servizo de esterilización do Sergas

Os socialistas esíxenlle ao Goberno que paralice a privatización do servizo de esterilización do Sergas

Carmen Acuña acusa a Feijóo de “privatizar por partes a sanidade” e traballar como “cabalo de Troia das empresas privadas para acabar o sector público”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, presentou hoxe unha interpelación para esixirlle ao goberno galego que paralice a privatización do servizo de esterilización de material sanitario do Sergas.

Acuña advirte que a convocatoria dun concurso público para entregar este servizo a unha empresa privada demostra a intención de Feijóo de “trocear a sanidade pública para vendela ás empresas privadas”. Acusou ao presidente galego de exercer como “cabalo de Troia das empresas privadas para acabar co sector público” e “rematar coa sanidade universal e gratuíta”.

Acusou a Feijóo e á conselleira de Sanidade de “garantir un xeneroso bocado de 160 millóns de euros para os seus amigos da empresa privada”, que é o importe do contrato de xestión do material estéril do Sergas, tal e como foi anunciado pola Xunta en plenas vacacións de Nadal e a través do Diario Oficial da UE, “esquivando a súa publicación no DOG”.

Denunciou que mentres en Galicia negan que queiran privatizar a sanidade pública, “atrévense a ir ao XXI Congreso Internacional do CEDEST, en Cartagena, presumir de como privatizar a esterilización do Sergas”. Aludiu así á presenza do director xeral de Recursos Económicos do Sergas, Pablo Torres, na ponencia “O modelo do Sergas de externalización da esterilización”, que presentará o xoves 15 de maio no dito congreso ás 10,15 da mañá.

Decisión política

A deputada socialista lembra que a privatización agora do servizo de esterilización “non foi consultada cos profesionais da sanidade”, e responde a “unha decisión estritamente política que en modo algún mellorará o servizo nin o uso dos recursos da sanidade pública galega”. Ademais, advertiu que “a día de hoxe non existe informe nin estudo que apoie a privatización da xestión do material estéril”.

Por contra, advirte, “temos constancia de que Feijóo leva privatizado case todo ás agachadas e a cachiños”, e nomeou así os servizos de limpeza, seguridade, mantemento, subministro eléctrico, a central de chamadas, o sistema informático, a alta tecnoloxía, a construción de novas infraestruturas e ata os plans directores dos centros sanitarios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar