Os socialistas reclámanlle á Xunta un Plan de Viabilidade que garanta a obra social das caixas

Os socialistas reclámanlle á Xunta un Plan de Viabilidade que garanta a obra social das caixas

Os socialistas reclámanlle á Xunta un Plan de Viabilidade que garanta a obra social das caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, presentará no Pleno desta semana unha proposición non de Lei na que lle esixe á Xunta que presente antes do verán un Plan de Viabilidade futura “que garanta a obra social das antigas caixas de aforro galegas e o mantemento do emprego vinculado á mesma”.

Losada advirte que o presidente da Xunta “semella mais preocupado por dar cobertura partidaria ás decisións tomadas polo Goberno central” que de regular o papel das fundacións conectadas coas entidades financeiras para manter a súa obra social. Critica o “escapismo” amosado por Feijóo, a quen lle lembrou que ten “competencias, obrigas e responsabilidades” neste eido.

Apunta que “o mantemento da inxente obra social debe ser preservada” cun “papel activo” da Xunta para “establecer un itinerario de futuro claro que garanta a súa supervivencia, permitindo o mantemento dos postos de traballo que aquela xera”. Esta constitúe, dixo, “un elemento esencial para lograr maior cohesión social e para o desenvolvemento formativo e a dinamización da vida cultural, social e asistencial de Galicia”.

O responsable socialista nomea así os trece centros de maiores, a participación de mais de 100.000 persoas en programas de envellecemento activo, a súa contribución para subvencionar estancias en centros xeriátricos por un importe superior aos 750.000 euros en 2012. Engadiu a atención á dependencia, o apoio a mais de 55.000 persoas para os comedores escolares ou os mais de 800 alumnos que forma cada ano nos tres centros de FP que mantén.

Losada engade que a obra social das antigas caixas afecta así mesmo aos 113.000 socios que se benefician das súas bibliotecas, á formación de mais de 700 persoas en másteres e posgraos na Escola de Negocios, apoia a diversas ONGs, ou aos 130.000 escolares que participaron nas diversas actividades educativas, didácticas e medio ambientais que contaron co seu apoio, ou as diversas disciplinas artísticas e culturais que apoia.

En definitiva, sinal que esta obra social “constitúe un factor fundamental que se fai necesario preservar para o futuro do país”, especialmente “cando os responsables políticos do Goberno central e do Banco de España veñen de decidir que o FROB pase a ser o único accionista de NGB.

Isto provocará a desaparición da participación que viña mantendo Novacaixagalicia, entidade resultante da fusión das dúas entidades, o que “dificultará aínda mais o seu financiamento futuro e a súa supervivencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar