Os socialistas esíxenlle á Xunta que retire o decreto que regula ás áreas de xestión clínica por ser ilegal

Os socialistas esíxenlle á Xunta que retire o decreto que regula ás áreas de xestión clínica por ser ilegal

Os socialistas esíxenlle á Xunta que retire o decreto que regula ás áreas de xestión clínica por ser ilegal

Carmen Acuña reclámalle ao goberno galego que atenda ao informe do Consello Consultivo que advirte que o decreto é “contrario ao ordenamento xurídico”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle hoxe á Xunta que retire o decreto que regula as áreas de xestión clínica por ser claramente ilegal, de acordo co informe do Consello Consultivo.

A deputada socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que atenda aos profesionais e usuarios que secundarán a folga convocada para mañá e garanta unha sanidade “pública, gratuíta, universal e de calidade como a que tiñamos ata que chegou ao goberno”.

Acuña advertiu que ás voces en contra da xestión do goberno galego, por parte do persoal sanitario e dos usuarios do Sergas, hoxe súmase “a opinión cualificada do Consello Consultivo de Galicia”, que no seu informe sobre o decreto advirte que resulta “contrario ao ordenamento xurídico”.

A responsable socialista considera “temerario” que o propio presidente da Xunta sexa quen encabeza o “desmantelamento da sanidade pública en Galicia” co único obxectivo de privatizar un servizo fundamental para os galegos e galegas. Lamentou que “a ambición desmedida do presidente da Xunta para beneficiar ás empresas amigas o leve mesmo a vulnerar a legalidade”.

Así, reclámalle que atenda ao informe do Consello Consultivo, que, entre outros aspectos, advirte que o decreto non incorporou as alegacións dos profesionais sanitarios. Ademais, sinala a “indefinición do sistema e a falla de claridade” sobre as repercusións que este cambio pode ter sobre os profesionais e mesmo sobre os dereitos dos usuarios.

Denuncia a falla dun informe que avale as vantaxes do cambio de modelo, agocha o procedemento para designar aos responsables do comité de dirección e das propias direccións das áreas, e tampouco explica os indicadores que definirán os incentivos dos profesionais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar